Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 1997 Páx. 3.884

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1997 pola que se acorda facer público o orzamento da Universidade da Coruña para o exercicio económico de 1997.

O Consello Social da Universidade da Coruña, de conformidade co disposto no artigo 14.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e artigo 47.1º a) dos seus estatutos, na súa Resolución do 31 de xaneiro de 1997 acordou a aprobación do orzamento desta universidade para 1997.

Este rectorado conforme o disposto no artigo 54.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e artigo 199 dos estatutos da Universidade da Coruña, resolve facer público o devandito orzamento que acada a contía inicial no estado de ingresos e gastos de nove mil cento sesenta e tres millóns catrocentas mil pesetas e segundo o detalle anexo.

A Coruña, 31 de marzo de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

1. Clasificación económica.

-Ingresos 9.163.400.000

Capítulo III. Taxas e outros ingresos 1.618.500.000

Capítulo IV. Transferencias correntes 7.116.850.000

Capítulo V. Ingresos patrimoniais 25.000.000

Capítulo VII. Transferencias de capital 403.050.000

-Gastos 9.163.400.000

Capítulo I. Retribucións de persoal 6.066.800.000

Capítulo II. Gastos en bens correntes e servicios 1.437.800.000

Capítulo III. Gastos financeiros 1.000.000

Capítulo IV. Transferencias correntes 196.000.000

Capítulo VI. Investimentos reais 1.390.800.000

Capítulo VII. Transferencias de capital 66.000.000

Capítulo VIII. Activos financeiros 5.000.000

3125