Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 1997 Páx. 3.884

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 18 de abril de 1997 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de libre designación, anunciada por Orde do 13 de novembro de 1996 (DOG número 231, do 26) e resolta parcialmente por outra do 26 de febreiro de 1997 (DOG número 47, do 10 de marzo).

Anunciada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 13 de novembro de 1996 (DOG nº 231, do 26 de novembro de 1996) e resolto parcialmente un deles pola orde desta Consellería de Economía e Facenda do 26 de febreiro de 1997 (DOG nº 47, do 10 de marzo)

é preciso agora proceder á resolución do segundo posto convocado, polo que, en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril; visto o Decreto 93/1991, de 20 de marzo e demáis normativa vixente, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Designa-la funcionaria que se cita no anexo desta orde para ocupa-lo posto que así mesmo se sinala.

Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase segundo o prazo previsto no artigo 48 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, a partir da publicación da presente orde no DOG.

A toma de posesión deberá facerse no prazo regulado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, logo de efectuado o cesamento no seu posto definitivo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta a funcionaria efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Da dilixencia efectuada serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñerlo.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda

ANEXO

Apelidos e nome: Martínez González, Emilia.

NRP: 3452835257 A0620.

Grupo: B.

Denominación: secretaria delegación.

Código do posto: EFC992000036560031.

Nivel: 28A.

Complemento E.: 1.639.104.

Centro directivo ou dependencia: Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda.

Localidade: Vigo.

3134