Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 1997 Páx. 3.885

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de abril de 1997 pola que se resolve a convocatoria, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola Orde do 5 de marzo de 1997 (DOG nº 53, do 18 de marzo).

Esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas polos artigos 15.4º e 27.2º da Lei da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destinos nos postos de traballo que se indican ós funcionarios dos que se expresan os seus datos no anexo desta orde.

Segundo.-O cesamento nos actuais destinos dos funcionarios que obtiveron as prazas, producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que prestan os seus servicios os funcionarios, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde causen alta os funcionarios realizará, dentro dos prazos sinalados nos apartados anteriores, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente levaranse a cabo os trámites necesarios para a entrada en nómina.

Das dilixencias efectuadas darase traslado, mediante fotocopia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 1997.

Celso Ramón Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Denominación: xefe Servicio Inspección Técnica Educación.

Código do posto: ED.C99.10.000.15001.083.

Dependencia: delegación provincial.

Localidade: A Coruña.

Grupo: A

Nivel: 28.

Corpo/Escala: inspectores educación.

Apelidos e nome: Del Pozo Andrés, Fernando.

Nº rexistro persoal: 33.761.572.57.A0510

Denominación: secretaria/o.

Código do posto: ED.C01.00.000.15770.003.

Dependencia: gabinete do conselleiro.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: D

Nivel: 18

Corpo/Escala: xeral/auxiliar.

Apelidos e nome: Rodríguez González, María Sol.

Nº rexistro persoal: 76.715.130.24.A2059

3015