Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 1997 Páx. 3.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 10 de marzo de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 338 de clasificación do monte de Reboredo, pertencente ó lugar de Reboredo, parroquia de Arcos, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente nº 338 de

clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: de Reboredo.

Comunidade: Reboredo.

Parroquia: Arcos.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 15,50 ha.

Lindeiros:

Procede do monte Pedregal e Ruña, nº 103-H do C.U.P.

Norte: desde o piquete F-3 situado na esquina do muro do enclavado F, coñecido como Prado de Amadeo, segue o muro ata o piquete F-2, e deste ata un punto coñecido como Petón de Fonte Carballa, na liña entre os piquetes 235 e 236 do deslindamento, linda co enclavado F e máis monte Pedregal e Ruña.

Leste: desde o punto coñecido como Petón de Fonte Carballa ata o piquete nº 236, e deste, seguindo a orde de piquetes ata o 241, linda con propiedades particulares de veciños de Lugariño e Reboredo.

Sur: remata en punta.

Oeste: desde o piquete nº 241 segue a orde de piquetes ata o nº F-3 situado no muro do enclavado F, linda co termo do concello de Carnota.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 10 de marzo de 1997, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 10 de marzo de 1997.

Visto e prace

Juan Ramón Beneyto Bellas

Instructor

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

2732