Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 1997 Páx. 3.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 10 de marzo de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 339 de clasificación do monte Leiro, Toxa, Atrema e Cotro, pertencentes á parroquia de Leiro, concello de Rianxo.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente nº 339 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: Leiro, Toxa, Atrema e Cotro.

Comunidade: parroquia de Leiro.

Parroquia: Leiro.

Concello: Rianxo.

Superficie: 104,16 ha.

Lindeiros:

1. Monte Leiro: procede do monte Leiro, nº 350 do C.U.P.

Parcela I. Cunha superficie de 97,87 ha.

Norte: do piquete nº 391 ó 456 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares. Do 456 ó 459 seguindo a orde de piquetes, e deste ó 1, co monte Quintáns, da parroquia de Isorna.

Leste: do piquete 1 ó 29 seguindo a orde de piquetes, co Monte Palleiro e outras propiedades particulares.

Sur: do piquete 29 ó 277 seguindo a orde de piquetes, coa ría de Arousa e propiedades particulares.

Oeste: do piquete 277 ó 391, con propiedades particulares.

Parcela II. Cunha superficie de 3,90 ha.

Norte: do piquete 460 ó 482 seguindo a orde do deslindamento, con propiedades particulares.

Leste: do piquete 482 ó 485 seguindo a orde do deslindamento, coa ría de Arousa.

Sur: do piquete 485 ó 492 seguindo a orde do deslindamento, con propiedades particulares.

Oeste: do piquete 492 ó 512 seguindo a orde do deslindamento, e deste ó 460, con propiedades particulares.

2. Monte Toxa de Palleira. Situado ó sur do monte Leiro. Cunha superficie de 0,26 ha.

Norte: propiedades particulares de Serafín Rubio Vázquez, Josefina Vicente Vicente, Mercedes Vicente Peiteado, Hdos. de Manuel Rial Rodríguez, Manuela Rubio Vázquez, Hdos. de José Mato e outros.

Leste: propiedade de Carmen Buján García.

Sur: propiedades de José Viana Mato.

Oeste: estrada de Leiro a Ponte Catoira.

3. Monte Atrema. Situado ó sur do monte Leiro. Cunha superficie de 0,82 ha.

Norte: en parte, estrada de Leiro a Ponte Catoira, e en parte, propiedades particulares de Manuel Ageitos Campos, Matilde Losada, Hdos. de Francisco Figueira Losada e outros.

Leste: en parte, propiedades particulares de José Vidal Vidal, Luisa Vidal Gey, en parte, José María Vicente Gómez, Ramón Gómez Blanco e en parte, estrada de Leiro a Ponte Catoira.

Sur: propiedades particulares de Manuel Figueiras Vicente, Baltasar Vidal Rodríguez, Ramón Gómez Blanco e outros.

Oeste: Hdos. de Francisco Vicente, Serafín Rubio Vázquez, Hdos. de Jesús Rodríguez e outros.

4. Monte Cotro. Ó sur do monte Leiro. Superficie 1,30 ha.

Norte: Hdos. de Valentín Vázquez, Hdos. de Dolores Rodríguez Rubio, Josefina Rodríguez Rey, e Hdos. de Manuel Buján.

Leste: propiedades particulares de Manuel Domínguez Tubío e Urbano Figueiras Vicente.

Sur: en parte, ría de Arousa, e en parte, propiedades particulares de varios veciños.

Oeste: ría de Arousa e, en parte, Hdos. de Valentín Vázquez Tubío.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 10 de marzo de 1997, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 10 de marzo de 1997.

Visto e prace

Alfonso Vázquez-Castro Garma

Instructor

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

3092