Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 1997 Páx. 3.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das obras que se citan (clave OH.227.225 e cinco máis).

A) Obra.

1. Rede de abastecemento a Carballedo, primeira fase (Carballedo-Lugo).

Clave: OH.227.225.

Orzamento: cento dezanove millóns vintecinco mil catrocentas trinta e cinco pesetas (119.025.435).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría c. Grupo E, subgrupo 1, categoría c. Grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Abastecemento de auga ás parroquias da Parte, Valverde e conexión coa parroquia de Bascós (Monforte de Lemos-Lugo).

Clave: OH.227.265.

Orzamento: cento once millóns oitocentas cincuenta mil pesetas (111.850.000).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Rede primaria de sumidoiros a Caleiro e San Miguel (Vilanova de Arousa-Pontevedra).

Clave: OH.336.366.

Orzamento: douscentos noventa e nove millóns novecentas oitenta e tres mil cincocentas cinco pesetas (299.983.505).

Prazo de execución: 36 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

4. Saneamento do río Mesoiro (A Coruña).

Clave: OH.315.370.

Orzamento: cento oitenta e catro millóns cincocentas corenta mil seiscentas nove pesetas (184.540.609).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d. Grupo E, subgrupo 5, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

5. Recuperación das marxes do río Arteixo, treito: travesía de Arteixo, avenida de Fisterra (Arteixo-A Coruña).

Clave: OH.415.390.

Orzamento: trescentos setenta e tres millóns cincocentas vinte mil novecentas sesenta e sete pesetas (373.520.967).

Prazo de execución: 33 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 5, categoría d. Grupo B, subgrupo 2, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

6. Abastecemento de auga a núcleos da periferia de Lalín, primeira fase (Lalín-Pontevedra).

Clave: OH.236.367.

Orzamento: cento vintedous millóns cincocentas corenta e sete mil trescentas vintecinco pesetas (122.547.325).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que

non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Organismo Autónomo Augas

de Galicia

3085