Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 1997 Páx. 3.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 10 de marzo de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 337 de clasificación do monte de Santabaia, pertencente ó lugar de Santabaia, parroquia de Chacín, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente nº 337 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: de Santabaia.

Comunidade: Santabaia.

Parroquia: Chacín.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 97 ha.

Lindeiros:

Procede do monte Pedroso, Val, Sixto e outros, nº 103-I do C.U.P.

Norte: do piquete nº 75 do deslindamento ó 80 seguindo a orde de piquetes, con propiedades par

ticulares do lugar de Vioxo. Do piquete 80 en liña recta ó 10 do enclavado A2, seguindo o perímetro do enclavado ata o Rego de Ámbalas Cordas, e polo rego ata o piquete nº 9 do deslindamento, co resto do monte Pedroso, Val, Sixto e outros. Do piquete nº 9 ó 14 seguindo a orde de piquetes, co monte Outeiro e outros, da parroquia de Eirón.

Leste: do piquete nº 14 ó 16 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares do concello de Negreira. Do piquete nº 16 en liña recta ó 29, con máis monte Pedroso, Val, Sixto e outros. Do piquete nº 29 ó 32 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares de veciños de Vilariño.

Sur: do piquete nº 32 ó 39 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares de veciños de Vilariño e Santabaia.

Oeste: do piquete nº 39 ó 75 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares de veciños de Santabaia.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 10 de marzo de 1997, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 10 de marzo de 1997.

Visto e prace

Federico Sánchez Rodríguez

Instructor

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

2731