Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 1997 Páx. 3.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucións dos procedementos sancionadores de incendios que se citan (expediente 084I/1996 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles as persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-las resolucións do procedemento sancionador por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 7-12-1968), e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE nº 38, do 13-2-1973), por non ser posible as súas notificacións.

O importe das sancións farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario, perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, estas resolucións serán firmes a tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 1 de abril de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

-Expediente: 084I/96.

Denunciada: Regueira Vázquez, Dolores.

DNI: 32.283.242.

Último enderezo coñecido: Joaquín Planelles, s/n, A Coruña.

Feitos denunciados: queima sen autorización e sen adopta-las debidas precaucións.

Tipificación Regulamento de incendios:

Artigo: 138.C.

Cualificación: moi grave.

Sanción: 35.000 ptas.

-Expediente: 096I/96.

Denunciado: Amboage Dopazo, Marcelino.

DNI: 76.464.511.

Último enderezo coñecido: Monte Aberto-Dombodan, Arzúa (A Coruña).

Feitos denunciados: queima de residuos forestais sen autorización.

Tipificación Regulamento de incendios:

Artigo: 137.B.

Cualificación: moi grave.

Sanción: 10.000 ptas.

-Expediente: 125I/96.

Denunciado: Vilanova Piñeiro, Guillermo.

DNI: 33.045.654.

Último enderezo coñecido: Ponte Maceira-Agrón, Ames (A Coruña).

Feitos denunciados: queima sen autorización.

Tipificación Regulamento de incendios:

Artigo: 137.B.

Cualificación: grave.

Sanción: 25.000 ptas.

-Expediente: 150I/96.

Denunciado: Yáñez García, Rafael.

Último enderezo coñecido: Las Penas, 29, Brión (A Coruña).

Feitos denunciados: abandono da queima antes de estar totalmente apagada.

Tipificación Regulamento de incendios:

Artigo: 138.B.

Cualificación: moi grave.

Sanción: 50.000 ptas.

2730