Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 1997 Páx. 3.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se declara de utilidade pública, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial, do parque eólico denominado Coriscada. (Expediente IN407A 96/201-1).

Examinado o expediente instruído por instancias do Grupo Auxiliar Metalúrgico, S.A. (Gamesa), con enderezo para efectos de notificacións na rúa Galeras 17-2º, 15705 Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Coriscada, esta dirección xeral ten en conta os seguintes:

FEITOS

Primeiro.-O día 26 de agosto de 1996 Ahmed Moussa Bakri, no nome e representación do Grupo Auxiliar Metalúrgico S.A. (GAMESA), solicitou a

autorización das instalacións electromecánicas, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Coriscada, achegando a documentación establecida para o efecto polo Real decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables e Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento de enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O 13 de marzo de 1997 a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña emitiu informe favorable sobre o proxecto que ten as seguintes características básicas:

Situación do parque:

NomeConcelloVértices

X-lonx WY-lat N

CoriscadaMañón 0.603.5004.842.000
Ortigueira 0.603.5004.841.500
0.603.0004.840.000
0.602.7504.837.760
0.602.5004.837.000
0.601.7504.835.939
0.602.0004.835.000
0.601.5004.834.500
0.601.0004.835.000
0.601.5004.835.500
0.601.0004.836.000
0.601.5004.836.500
0.601.0004.838.000
0.601.0004.837.500
0.602.0004.839.500
0.603.0004.841.000
0.603.0004.842.000

-Nº de aeroxeradores: 40.

-Potencia unitaria do aeroxerador: 600 kW.

-Potencia total instalada: 24 MW.

-Altura das torres: 45 m.

-Diámetro das pas: 42 m.

-Producción anual estimada: 70.960 Mwh/ano.

-Nº de transformadores de 0,63/20 kV: 40.

-Subestación: 20/132 kV.

-Orzamento: 4.110.516.937 ptas.

Terceiro.-O 13 de marzo de 1997 a Comisión Galega de Medio Ambiente, acordou aproba-la declaración de efectos ambientais do devandito parque eólico.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente baseándonos no Estatuto de Autonomía de Galicia, o Real decreto

2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio, e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas y Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o antedito e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeira.-Autorizar á empresa Grupo Auxiliar Metalúrgico, S.A. (Gamesa), a instalación dos equipos electromecánicos que quedan reflectidos no proxecto citado, así como a aprobación do dito proxecto, nos concellos de Mañón e Ortigueira.

Segundo.-Declarar a utilidade pública das instalacións que se autorizan dentro dos polígonos definidos no segundo resultando desta resolución, para os efectos de expropiación forzosa.

Terceiro.-Recoñecerlle ó parque eólico autorizado a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2366/1994, e incluílo no grupo a) do artigo 2 do dito real decreto.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

Primeira.-A empresa Grupo Auxiliar Metalúrgico S.A. (Gamesa), para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza por un importe de 82.210.339 pesetas, conforme co disposto no artigo 15 do dito Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, de calquera dos xeitos sinalados no artigo 11, apartado 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, fianza que lle será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, e subscrito por técnico competente cun orzamento de 4.110.516.937 pesetas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a autorización previa desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio na Coruña poderá autoriza-las modificacións, de detalle, do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicarlle a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de nove meses a partir da data desta resolución.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes afectadas.

Quinta.-A empresa, como requisito necesario para a aplicación ás instalacións que se autorizan do réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG 14-7-1995), no prazo de dous meses.

Así mesmo, o parque interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento do condicionado imposto nesta resolución, as condicións establecidas no acordo do 13 de marzo de 1997, da Comisión Galega de Medio Ambiente polo que se aproba a declaración de efectos ambientais, segundo o Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, así como o cumprimento dos compromisos adquiridos pola empresa e que figuran no Plan Industrial do Plan Eólico Estratéxico, aprobado por Resolución do 29 de decembro de 1995 (DOG 12-3-1996).

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, se é o caso, recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado desde a súa publicación, conforme ó establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

2683