Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 1997 Páx. 3.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución, do parque eólico denominado Paxareiras I. (Expediente IN407A 96/114-1).

Examinado o expediente instruído por instancias de Eurovento, S.L. Unipersonal, con enderezo para efectos de notificacións na rúa Galeras 17-3º, ofi

cina 3ª, 15705 Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Paxareiras I; esta dirección xeral ten en conta os seguintes:

FEITOS

Primeiro.-O día 30 de setembro de 1996, Cristina Guillén Blecua, no nome e representación de Eurovento, S.L. Unipersonal, solicitou a autorización das instalacións electromecánicas, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución do parque eólico nomeado Paxareiras I, xuntando documentación establecida para o efecto polo Real decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables e Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento de enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O 12 de febreiro de 1997, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña emitiu informe favorable sobre o proxecto que ten as seguintes características básicas:

Situación do parque:

NomeConcelloVértices

X-lonx WY-lat N

Paxareiras IMazaricos 0.494.7004.746.000
Muros 0.496.5004.743.500
Carnota 0.497.2004.745.500

-Nº de aeroxeradores: 34.

-Potencia unitaria do aeroxerador: 600 kW.

-Potencia total instalada: 20,40 MW.

-Altura das torres: 40 m.

-Diámetro das pas: 44 m.

-Producción anual estimada: 58.500 Mwh/ano.

-Nº de transformadores de 0,69/20 kV: 34.

-Subestación: 20/66 kV.

-Orzamento: 3.865.997.402 ptas.

Terceiro.-O 13 de marzo de 1997, a Comisión Galega de Medio Ambiente, acordou aproba-la declaración de efectos ambientais do devandito parque eólico.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente baseándose no Estatuto de autonomía de Galicia, ó Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio, e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o antedito e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la empresa Eurovento, S.L Unipersonal, para a instalación dos equipos electromecánicos que quedan reflectidos no proxecto referenciado, así como a aprobación do dito proxecto, nos concellos de Mazaricos, Muros e Carnota.

Segundo.-Declara-la utilidade pública das instalacións que se autorizan dentro dos polígonos definidos no segundo resultando desta resolución, para os efectos de expropiación forzosa.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

Primeira.-A empresa Eurovento, S.L. Unipersonal, para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza por un importe de 77.319.948 pesetas, conforme o disposto no artigo 15 do dito Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, de calquera dos xeitos sinalados no artigo 11, apartado 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, fianza que lle será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que de realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, e subscrito por técnico competente cun orzamento de 3.865.997.402 pesetas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a autorización previa desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio na Coruña poderá autoriza-las modificacións, polo miúdo, do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicarlle a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de nove meses a partir da data desta resolución.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes afectadas.

Quinta.-A empresa, como requisito necesario para a aplicación ás instalacións que se autorizan do réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG 14-7), no prazo de dous meses.

Así mesmo, o parque interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento do condicionado imposto nesta resolución, as condicións establecidas no acordo do 13 de marzo de 1997, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se aproba a declaración de efectos ambientais, segundo o Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, así como o cumprimento dos compromisos adquiridos pola empresa e que figuran no Plan Industrial do Plan Eólico Estratéxico, aprobado por Resolución do 19 de xaneiro de 1996 (DOG 21-2).

Sétima.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, se é o caso, recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado desde a súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

2763