Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.793

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (301/1996).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, da fe de que nos autos dos que se fai mención se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela. En Santiago de Compostela o vintetrés de decembro de mil novecentos noventa e seis, en nome de S.M. El-Rei, Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade pronunciou a seguinte sentencia.

No xuízo de faltas número 301/1996, dimanante do procedemento seguido por desobediencia ós axentes da autoridade, no que foron partes ademais do Ministerio Fiscal Ibrain Sabbouh López, denunciante-denunciado, con domicilio na rúa Rosalía de Castro, 29-2º esquerda, Santiago de Compostela; Eva María Castro Paz, denunciante-denunciada, con domicilio na rúa Bispo Teodomiro, 10-3º esquerda, Santiago de Compostela; José Manuel Calviño Pérez, denunciante-denunciado, con domicilio no lugar da Peregrina Aradas, Santiago de Compostela; Iara González Pérez, denunciante-denunciada, con domicilio na rúa Velázquez Moreno, 34-4º, Vigo e policías nacionais con carné profesional número 46.218 e 55.130 denunciantes-denunciados.

Decido que debo condenar e condeno a Ibraim Sabbouh López como autor dunha falta de respecto e consideración debida ós axentes da autoridade prevista e penada no artigo 634 do Código Penal á pena de dez días e mil pesetas/día con arresto substitutorio dun día por cada dúas cotas sen pagar.

Así, por esta miña sentencia que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela

poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría a disposición das partes».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Eva María Castro Paz.

Expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o tres de marzo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario xudicial

Rubricado

2037