Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.793

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (76/1996-01).

Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe que no xuízo de faltas 76/1996, sobre malos tratos, sendo partes como denunciante María Otilia Carvalho López e como denunciado Manuel Vareal Vidal, se dictou sentencia, que ten como decisión o que segue:

«Que debo absolver e absolvo a Manuel Vareal Vidal, da presunta falta á que se refire o procedemento e declarando as custas de oficio.

Así, por esta miña sentencia, que será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación perante este xulgado

para a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación á denunciante María Otilia Carvalho López, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o 10 de marzo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

1903