Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.793

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (124/1996-I).

María Violeta Reboredo Otero, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira.

Certifico que nos autos que logo se dirá recaeu sentencia que ten como encabezado e parte dispositiva o seguinte:

«Sentencia. En Ribeira o doce de febreiro de mil novecentos noventa e seis, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, viu os presentes autos de xuízo de faltas 124/1996, por danos e insultos no que son partes o Ministerio Fiscal en representación da acción pública e como denunciante, María Lourdes Souto Ferreiro, como denunciada María Rosa Mallo Varela.

Decido que debo absolver e absolvo a María Rosa Mallo Varela da falta que se lle imputaba, con declaración de oficio das custas procesuais.

Notifíquelle-la presente resolución ó Ministerio Fiscal e ás partes interesadas, facéndolles saber que esta non é firme e que cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días e a formalizar mediante escrito no que motivadamente se expoñan as razóns que se queiran alegar. Quede testemuño da presente resolución nos autos levándose o orixinal ó libro de sentencias deste xulgado.

Así por esta miña sentencia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que sirva de notificación a María Rosa Mallo Varela, expido e asino o presente edicto en Ribeira o 10 de marzo de 1997.

O secretario

Rubricado

2061