Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.792

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (115/1996-I).

María Violeta Reboredo Otero, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira.

Certifico que nos autos que logo se dirá, recaeu sentencia que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

«Sentencia. En Ribeira o doce de febreiro de mil novecentos noventa e seis. Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, viu os presentes autos de xuízo de faltas 115/1996, por lesións e desobediencia no que son partes o Ministerio Fiscal en representación da acción pública e como denunciante José Martínez Chouza e Miguel Ángel Cores Suárez, como denunciado Jesús Ausejo Zorzano.

Decido que debo condenar e condeno a Jesús Ausejo Zorzano como autor responsable dunha falta de desobediencia ós axentes da autoridade, xa definida, á pena de 10.000 ptas. de multa e á imposición das custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ó Ministerio Fiscal e ás partes interesadas, facéndolles saber que esta non é firme e que cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días e a formular mediante escrito no que motivadamente se expoñan as razóns que se queiran alegar. Quede testemuño da presente resolución nos autos levándose o orixinal ó libro de sentencias deste xulgado.

Así por esta miña sentencia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que sirva de notificación a Jesús Ausejo Zorzano, expido e asino o presente edicto, en Ribeira o 10 de marzo de 1997.

A secretaria

Rubricado

2056