Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.792

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

EDICTO (114/1996).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión e o seu partido xudicial. Fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo de separación número 114/1996, por instancia de María del Carmen Ogando Cernadas, contra Víctor Otero Vidal y el Ministerio Fiscal; nestes autos por resolución do día de hoxe acordouse notificar ó referido demandado Víctor Otero Vidal por edicto, a sentencia que ten como parte dispositiva e decisión o seguinte:

«En Corcubión o 17 de xaneiro de 1997. Zulema Gento Castro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta vila, pronuncia en nome de El-Rei a seguinte sentencia.

Vistos os presentes autos de separación conxugal seguidos nesta xulgado baixo o número 114/1996, polos trámites da disposición adicional 5ª da lei 30/1981, do 7 de xullo, en virtude de demanda formulada polo procurador Touceda España en representación de María del Carmen Ogando Cernadas, asistida do letrado Ventura Mariño, designados en quenda de oficio, contra Víctor Otero Vidal, declarado en rebeldía procesual nos presentes autos, recaendo neles a presente resolución con base nos seguintes.

Decido que estimando no seu pedimento principal a demanda presentada pola representación de María del Carmen Ogando Cernadas, debo acordar e acordo a separación do matrimonio contraído entre a citada e Víctor Otero Vidal, con tódolos efectos legais inherentes e, en especial, os seguintes:

1. Os fillos menores quedarán en compañía e baixo a custodia da nai, se ben a patria potestade, continuará sendo exercida por ámbolos dous proxenitores.

2. Recoñeceselle ó pai o dereito a visitar, ter na súa compañía e comunicar cos seus fillos nos termos establecidos na presente resolución.

3. En concepto de contribución ás cargas do matrimonio, incluídos os alimentos debidos ós fillos, Otero Vidal, aboará a María del Carmen Ogando a cantidade de 40.000 ptas. a cal se actualizará anualmente de acordo co índice de prezos ó consumo que estableza o Instituto Nacional de Estatística ou organismo equivalente, por mensualidades anticipadas na conta que designe a esposa para o efecto.

4. Acórdase a disolución da sociedade de gananciais, cunha liquidación que poderá levarse a cabo en execución de sentencia, se así o solicita algunha das partes.

5. Non se fai especial pronunciamente en custas.

Firme esta resolución remítase testemuño dela ó encargado do Rexistro Civil de Vimianzo, co fin de que se realice a correspondente inscrición marxinal no asento da inscrición do matrimonio.

Notifíqueselle ás partes en forma legal, facéndolles saber que esta resolución non é firme e contra ela poderase interpor, ante este xulgado, no prazo de cinco días contados desde a súa notificación, recurso de apelación para ante la Audiencia Provincial da Coruña. Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa inserción no BOP, e para que sirva de notificación en forma ó demandado, expídese o presente edicto en Corcubión o 11 de marzo de 1997.

Rubricado

2057