Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.794

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (133/1995).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dá fe de que no xuízo de cognición que se segue neste xulgado co número 133/1995, se dictou a sentencia, que ten o encabezado e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 6 de marzo de 1997, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de cognición seguido neste xulgado co número 133/1995, no que actuaron como demandante Banco Central Hispanoamericano, S.A., con domicilio en Madrid, representado polo procurador dos tribunais Ricardo García-Piccoli Atanes e asistido pola letrada Sonia Rodríguez Arroyo e como demandado Construcción, Obras e Sistemas, S.L., co último domicilio coñecido en Santiago de Compostela, declarada en rebeldía.

Decido que estimando a demanda presentada, debo condenar e condeno á demandada a que pague á entidade actora a suma de 279.643 ptas. máis os xuros legais da dita suma desde a interposición da demanda e os do artigo 921 LAC con imposición de custas á demandada. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde Construcción, Obras e Sistemas, S.L., expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o 11 de marzo de 1997.

A secretaria

Rubricado

2848