Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 1997 Páx. 3.794

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (282/1991).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 282/1991, se seguen autos de executivo outros títulos, por instancia do procurador Jesús Raposo Quintás, en representación de Caixa de Aforros de Galicia, contra Luis Meijide Rial e Redosinda López Blanco, en reclamación de cantidade, nas actuacións dos cales se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, polo prazo de vinte días e prezo de valoración pericial os seguintes predios embargados ós demandados:

1. Monte baixo ó que lle chaman Feás cunha superficie de 6 áreas e 39 centiáreas ou un ferrado. Linda: norte, peche do prado de Andrés Iglesias; monte de José Rial, de Manuel Seoane e de Manuel Bello; sur, gavia do valado dos herdeiros de Andrés Iglesias; leste, outra porción de monte dos herdeiros de María Meijide Ramos e oeste, de Antonio Mosquera; está atravesado por un camiño. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 303, libro 28, folio 74, predio 3665. Prezo de valoración 95.000 ptas.

2. Monte baixo na Fraga cunha superficie de 2 áreas e 80 centiáreas, ou dez cuartillos e medio. Linda: norte, máis de José Regueiro; sur, dos herdeiros de Linares Rivas; leste, de Francisco Cotón e oeste, outra de Ramón Ramos. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 303, libro 28, folio 75, predio 3.666. Prezo de valoración 35.000 ptas.

3. Monte baixo Pedra da Franca, exposto ó sur, de 2 áreas e 80 centiáreas, equivalentes a once cuartillos. Linda: norte, de Manuel Seoane; sur, gavia do valado que pecha máis dos herdeiros de Andrés Iglesias; leste, de Jesús Maña Barreiro, libro 28, folio 82, predio 3.673. Prezo de valoración 35.500 ptas.

4. Monte Detrás da Agra, de 4 áreas e 47 centiáreas. Linda: norte, José Blanco; sur, Pilar Juncal; leste, gavia do valado que cerra este predio e oeste, de Jesusa Duro Cotón. Atravésao o predio que conduce ó lugar de Bran. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 303, libro 28, folio 84, predio 3.675. Prezo de valoración 87.400 ptas.

5. Monte en Chousa do Muíño, de 8 áreas e 35 centiáreas ou un ferrado e sete cuartillos. Linda: norte, gavia do valado que cerra o predio de Isolina Meijide López; sur, de Manuel Rey Prado; leste, o río Tambre e oeste, de Manuel Rey Prado. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 303, libro 28, folio 85, predio 3.676. Prezo de valoración 97.500 ptas.

6. Monte baixo en Garabal dunha superficie de 6 áreas e 77 centiáreas ou un ferrado e cuartillo

e medio. Linda: norte, de Jesusa Cotón; sur, dos herdeiros de Constantino Barros; leste, gavia do valado que pecha o predio de José Barreiro Maña; oeste, de Consuelo Botana. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 303, libro 28, folio 88, predio 3.679. Prezo de valoración 65.000 ptas.

7. Monte baixo Arriba do Prado Vello de 8 áreas e 51 centiáreas ou un ferrado e oito cuartillos. Linda: norte, José Raña; sur, de María Vázquez; leste, valado que o pecha e separa das brañas comunais; oeste, de Manuel Blanco Vieites. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 303, libro 28, folio 89, predio 3.680. Prezo de valoración 66.588 ptas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena, 2 o próximo día 21 de maio ás once horas, de acordo coas seguintes condicións:

1. O tipo do remate será o sinalado como prezo de valoración na descrición de cada un dos predios, sen que se admitan licitacións que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV número de conta 1592-17-282-91 o 20% do tipo do remate.

3. Poderán facerse licitacións por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o 20% do tipo do remate.

4. Só o acredor poderá face-lo remate a calidade de ceder a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos licitadores que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas licitacións.

6. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, están de manifesto na secretaría do xulgado; os licitadores deberán conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo 23 de xuño, ás once horas, nas mesmas condicións que a primeira, excepto o tipo do remate que será do setenta e cinco por cento do da primeira; no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 22 de xullo, tamén ás once horas; rexerán para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Sirva esta publicación de notificación ós demandados para o caso de que non puidese efectuarse no seu domicilio.

Dado en Santiago de Compostela o dezanove de marzo de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

3063