Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 1997 Páx. 3.754

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (531/1995).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís obra a recaída nos autos de xuízo de menor contía número 531/1995, que ten como encabezamento e parte dispositiva o teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o 18 de febreiro de 1997. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o su partido, viu os presentes autos de menor contía seguidos neste xulgado baixo o número 531/1995, por instancia de Almacenes Generales de Papel, S.A., representada polo procurador Merelles Pérez, baixo a dirección técnica de la letrada Campos contra Velograf, S.A., Justino Bastida Calvo e Camilo Prado Freire, sobre reclamación de cantidade. Decido que debo estimar y estimo a demanda interposta polo procurador Merelles Pérez, en nome e representación de Almacenes Generales de Papel, S.A., contra Velograf, S.A., Justino Bastida Calvo e Camilo Prado Freire, declarados todos en rebeldía procesual, condenándoos a aboar solidariamente á demandante a cantidade de catro millóns duascentas oitenta e sete mil catrocentas vintetrés pesetas (4.287.423 ptas.), así como os xuros legais

desde a interpretación da demanda e as custas procesuais.

Notifíquese esta sentencia ós demandados declarados en rebeldía procesual na forma prevista no artigo 769 en relación co 282 e 283 da LEC de non poderse levar a cabo a notificación persoal.

Contra esta resolución poderá interporse neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días, contados desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia preinserida foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe e para que conste e para que sirva de notificación en forma á demandada en situación procesal de rebeldía Velograf, S.A., Rosalía de Castro, 127, Milladoiro. Santiago de Compostela, expido e asino a presente cédula o 20 de febreiro de 1997.

Rubricado

3067