Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 1997 Páx. 3.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1997 pola que se anuncia a licitación das obras de construcción do pavillón feiral e reordenación da parcela en Pontevedra (clave 97.02.PO).

Procedemento aberto.

1. Nome, enderezo, número de teléfono e telefax do poder adxudicador: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Edificios administrativos San Caetano, 15704 Santiago de Compostela. Teléfono nº: (981) 54 43 71. Telefax nº: (981) 54 43 43.

2.A) Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto de acordo co artigo 76 da Lei de contratos das administracións públicas.

B) Contido do contrato obxecto da licitación: execución das obras contidas no proxecto:

-Construcción do pavillón feiral e reordenación da parcela en Pontevedra.

C) Orzamento total: oitocentos vintenove millóns oitocentas oitenta e sete mil novecentas setenta e dúas (829.887.972) pesetas, IVE incluído.

3.A) Lugar de execución: termo municipal de Pontevedra.

B) Natureza e alcance das prestacións e características da obra: as definidas no proxecto de execución.

4. Prazo de execución eventualmente imposto: vinte (20) meses.

5. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de contratistas adxudicataria do contrato: escritura pública.

6.A) Solicitude de documentación para participar no concurso:

-COPYNINO en r/ Xeral Pardiñas, nº 2, 15701 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 58 89 38.

-COPYESTUDIO en r/ Nova de Abaixo, 19-21 local 2, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 59 33 85. Telefax: (981) 59 07 11.

O custo total para adquirir copia de toda a documentación ascende a vinteúnha mil setecentas cincuenta (21.750) pesetas (IVE incluído).

B) Data límite de presentación de proposicións: vixésimo sexto día contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Dirección á que deberán enviarse as ofertas: Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Registro xeral. Edificios administrativos San Caetano, 15704 Santiago de Compostela.

7. Data, hora e lugar de apertura das proposicións: en acto público o cuarto día hábil que non coincida en sábado contado a partir do da finalización de presentación de proposicións, ás 10 horas na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. Se é o caso, fianza e garantía esixidas: esixirase unha fianza provisional de dezaseis millóns cincocentas noventa e sete mil setecentas cincuenta e nove (16.597.759) pesetas de acordo co establecido no apartado H) do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares e unha fianza definitiva de trinta e tres millóns cento noventa e cinco mil cincocentas dezanove (33.195.519) pesetas, segundo o definido no apartado I do cadro de características do citado prego.

As mencionadas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: pagamentos a conta, de carácter mensual, baseados nas certificacións de obra executada e conforme o disposto no artigo 100 da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Datos referentes á situación do empresario, así como ás condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que se deberá axusta-lo contratista: as que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

13. Información complementaria: clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría e); grupo C, subgrupo 9, categoría c); grupo K, subgrupo 2, categoría c).

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

2747