Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 1997 Páx. 3.754

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (421/1996).

María Teresa Bouzada Gil, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber, que nos autos de xuízo de menor contía, seguidos neste xulgado co número 421/1996, se dictou sentencia con data 20 de xaneiro de 1997, co encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Vistos por María Teresa Bouzada Gil, maxistrada-xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos neste xulgado co número 421/1996, entre partes, dunha como demandante Banco Hipotecario de España, S.A., domiciliado en Madrid, representado nos autos polo procurador García Piccoli Atanes, asistido do letrado de la Torre Saavedra, e doutra como demandado Miguel Ángel Álvarez de Toledo Saavedra, veciño desta cidade, con domicilio na rúa Carreira do Conde, número 12-13, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido que, estimando a demanda formulada polo procurador García Piccoli Atanes, en nombre y representación do Banco Hipotecario de España, S.A., contra Miguel Ángel Álvarez de Toledo Saavedra, incomparecido e en situación procesual de rebeldía no xuízo declarativo de menor contía número 241/1996, que se segue perante este órgano xudicial, sobre a reclamación da cantidade dun millón cincuenta e seis mil setecentas vinte pesetas (1.056.720 ptas.), e mailos xuros de 618 ptas. devengadas diariamente a partir da data do 2 de xaneiro de 1996, e unha comisión por descuberto, calculada sobre o mellor saldo a partir do día 2 de xaneiro de 1996, ó 1,5%, condeno a Miguel Ángel Álvarez de Toledo Saavedra ó pagamento da dita cantidade reclamada. Todo isto sen especial pronunciamento en custas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela caber recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data».

E para que sirva de notificación ó demandado Miguel Ángel Álvarez de Toledo Saavedra, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

A maxistrada-xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

1956