Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 1997 Páx. 3.753

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ORDES

EDICTO (110/1995).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de xuízo executivo, notifícaselle á demandada Carmen Carbonell Cuquerella, a sentencia que ten como encabezamento e parte dispositiva o que segue:

«Sentencia. Na cidade de Ordes o 25 de marzo de 1996. Cristina María Paz Eiroa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos desta cidade, viu os presentes autos de xuízo executivo, promovidos por Caixa de Aforros de Galicia, representado polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes e dirixido polo letrado contra Carmen Carbonell Cuquerella, declarado en rebeldía e decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer trance e remate dos bens embargados a Carmen Carbonell Cuquerella, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte actora, das responsabilidades por que se despachou a execución, a cantidade de 4.365.895 pesetas, importe do principal, comisión e xuros pactados ata a data invocada e ademais ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e as custas, ó pagamento das cales debo condenar e condeno expresamente á parte demandada citada.

Contra esta sentencia poderá interporse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E expídese o presente edicto para que sirva de notificación en legal forma á parte demandada declarada en rebeldía e en ignorado paradoiro.

Dado en Ordes o sete de marzo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

1803