Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.424

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (51/1996).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que nos autos de xustiza gratuíta dos que se fará mérito, se dictou a sentencia que contén o encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o dous de xaneiro de mil novecentos noventa e sete. José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis desta cidade e o seu partido, vistos os presentes autos de xustiza gratuíta número 51/1996, seguidos entre partes, dunha, como demandante, Begoña Míguez Iglesias, co procurador Merelles Pérez, e doutra, como demandado, José Antonio Pereiro Muíño.

Decido que, estimando a demanda promovida polo procurador Merelles Pérez, en nome e representación de Begoña Míguez Iglesias, debo recoñecer e recoñezo o dereito a xustiza gratuíta para litigar contra José Antonio Pereiro Muíño ante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis, en separación 283/1996, sen facer pronunciamento sobre as custas procesuais. Contra esta resolución cabe recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación para que resolva a Audiencia Provincial da Coruña.

A sentencia co encabezamento e decisión anteriores foi lida e publicada no mesmo día da súa data».

E para que lle sirva de notificación ó demandado José Antonio Pereiro Muíño, expídese o presente edicto en Santiago de Compostela o vintecinco de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

97-2273