Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.424

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (122/1994).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo executivo dos que se fará mérito, se dictou a sentencia que contén o encabezamento e decisión seguintes:

«En Santiago de Compostela o dez de decembro de mil novecentos noventa e seis. José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos de xuízo executivo número 122/1994, seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha, como demandante, Caixa de Aforros Municipal de Vigo, co procurador García-Piccoli Atanes, e como demandados, Josefina González Terán, Álvaro María Rodríguez Guevara, José Luis Rubio Gómez e Dulce María Santos Cobo.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada; facer remate dos bens embargados a Josefina González Terán, Álvaro María Rodríguez Guevara, José Luis Rubio Gómez e Dulce María Santos Cobo, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante da cantidade de 1.651.061 ptas., de principal e a suma de 1.100.000 ptas. para xuros e custas, e ó seu pagamento debo condenar e condeno os demandados. E, dada a rebeldía dos demandados, notifíqueselles na forma previda na lei, de non se pedir dentro dos tres días seguintes ó da notificación persoal. Esta resolución non é firme e contra ela poderá interporse neste xulgado recurso de apelación, no termo de cinco días contados desde a notificación.

A sentencia co encabezamento e decisión anteriores foi lida e publicada no mesmo día da súa data».

E para que lles sirva de notificación ós demandados rebeldes, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

1669