Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.424

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (123/1996).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que nos autos dos que se fará mérito, se dictou a sentencia que contén o encabezamento e decisión seguintes:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o quince de novembro de mil novecentos noventa e seis. Vistos por José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo executivo número 123/1996, promovidos polo procurador García-Piccoli Atanes, en nome e representación da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, e asistido polo letrado Andrés J. Lareu, contra M. Alcalde S.L. e Manuel Alcalde Gontán, con domicilio en Avda. Rosalía de Castro nº 75, 3º A de Ames, e declarados en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada; facer remate dos bens embargados a M. Alcalde, S.L. e Manuel Alcalde Gontán e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante da cantidade de 5.799.625 ptas., importe do principal e a suma de 2.000.000 de ptas. para xuros e custas, e ó seu pagamento debo condenar e condeno os demandados. E, dada a rebeldía dos demandados, notifíqueselles na forma previda na lei, de non se pedir dentro dos tres días seguintes ó da notificación persoal. Esta resolución non é firme e contra ela poderá interporse neste xulgado recurso de apelación, no termo de cinco días contados desde a notificación.

A sentencia co encabezamento e decisión anteriores foi lida e publicada no mesmo día da súa data».

E para que lle sirva de notificación ós demandados rebeldes, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vinteún de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

1605