Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.423

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (2/1997).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo voluntario de testamentaría número 2 de 1997, promovidos por Afrekete, S.L., se dictou o auto que contén a parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva. Declárase en estado de quebra voluntaria a Afrekete, S.L., quedando inhabilitado o seu administrador único para administra-los bens da dita sociedade. Noméase comisario da quebra a Juan Bautista de la Calle Barreiro Pérez, ó que se lle comunicará o seu nomeamento por medio de oficio, co fin de que compareza ante este xulgado e logo de aceptación do cargo e o seu xuramento, proceda inmediatamente á ocupación dos bens e papeis da entidade quebrada, inventario e depósito na forma que a lei determina. Para o cargo de depositario desígnase a Enrique Ángel Barros López, desta cidade, quen, antes de dar comezo ás súas funcións, comparecerá ante o xulgado para acepta-lo cargo, se é o caso, e xurar ou promete-lo seu fiel desempeño, e porase baixo a súa custodia a conservación de tódolos bens ata que se nomeen os síndicos. Decrétase o arresto de Alberto Fernández Requejo, que quedará sen efecto se o quebrado presta fianza en calquera das clases admitidas en dereito, pola

cantidade de cen mil pesetas, quedando arres

tado no seu domicilio. Procédase á ocupación das pertenzas do quebrado, os seus bens, libros, papeis e documentos de xiro, que terá efecto na forma previda no artigo 1046 do Código de comercio de 1829. Retrotráense os efectos da quebra polo día que resulta de cesa-lo quebrado no pagamento corrente das súas obrigas, e coa calidade de por agora e sen prexuízo de terceiro, na data do 10 de xaneiro de 1995. Decrétase a retención de toda a correspondencia postal e telegráfica do quebrado, para o que se expedirán as ordes e comunicacións oportunas á Administración de Correos e Telégrafos desta cidade, co fin de que se lle remita a este xulgado toda a dirixida ó quebrado, e procederase á súa apertura nas datas que se sinalen na peza que se formará. Expídase mandamento por duplicado ó rexistrador mercantil desta provincia, e fágaselle sabe-la existencia deste xuízo universal, para os efectos legais oportunos, así como ó da Propiedade desta cidade, co fin de que faga consta-la incapacidade de

Afrekete, S.L. para administrar e dispoñer dos seus bens inmobles. Cúrsese o correspondente boletín á Delegación Provincial do Instituto Nacional de Estatística e publíquese o presente auto mediante edictos, que ademais de se fixaren no taboleiro de anuncios deste xulgado, se inserirán no BOP e en El Correo Gallego, transcribindo a parte dispositiva deste auto, e nos que se fará constar que o quebrado queda incapacitado para a administración e disposición dos seus bens e as demais prevencións e prohibicións que sinala o Código de Comercio, requirindo ó propio tempo nos mesmos edictos as persoas que teñan no seu poder algunha cousa da pertenza do quebrado para que llo manifesten ó comisario, baixo apercibimento de seren declarados cómplices da quebra e previndo os que lle deban cantidades ó quebrado de que llas entreguen ó depositario, baixo os apercibimentos legais. Decrétase a acumulación ó presente xuízo universal de tódalas execucións pendentes contra o quebrado, agás aquelas nas

que só se persigan bens hipotecados. Unha vez que o comisario presentase o estado ou relación dos acredores, que deberá formar no termo de tres días polo que resulte do libro maior ou, se é o caso, polos demais libros ou papeis do quebrado e as notificas que deste ou os seus dependentes, unha vez presentada a lista daqueles, se acorde o necesario para a celebración da primeira xunta xeral, co fin de proceder ó nomeamento de síndicos. Con testemuño desta resolución, encabécense as demais pezas deste xuízo universal, e entréguense os edictos e despachos que se acordaron expedir ó procurador Regueiro Muñoz, para que coide do seu curso e xestión.

Así o acorda, manda e asina José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis desta cidade e o seu partido do que eu, a secretaria, dou fe».

E para que conste e publicar en forma de edicto, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o dez de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

1604