Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.422

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (477/1996).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que no procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, que se segue co número 477/1996, por instancia de Pastor Servicios Financieros, Entidad de Financiación, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra Rogelio Ramón Neira Cerdeira, Carlos Neira Pereira e Rogelio Neira Pereira, acordou que teña lugar poxa pública, na sala de audiencia deste xulgado, anunciándoa con 20 días de antelación, dos bens que despois se dirán coas condicións que seguen:

1. Sinalouse para que teña lugar o remate na primeira poxa o vindeiro día 14 de maio de 1997, ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado polo tipo dun millón duascentas dezaseis mil cento setenta pesetas (1.216.170 ptas.), respecto do predio A do edicto e un millón corenta e nove mil catrocentas vinteseis pesetas (1.049.426 ptas.) respecto do predio B, fixado para tal efecto na escritura de préstamo.

2. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para a segunda poxa o vindeiro día 12 de xuño de 1997, ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado, para a que servirá de tipo o 75% da primeira.

3. Se resultase deserta a segunda, sinálase para a terceira poxa o vindeiro día 10 de xullo, ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

4. Na primeira e segunda poxa non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

5. Para tomar parte en calquera das tres poxas, tódolos licitdores, agás o acredor demandante, deberán consignar previamente o 20% di tipo para seren admitidos a licitación, e na terceira poxa esta cantidade calcularase respecto do tipo da segunda, cantidade que se deberá consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A.. oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584/18/0477/96, presentando o xustificante do ingreso.

6. Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse substituídos polas certificacións rexistrais, que constan nos autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como suficientes, sen que poidan esixir outros, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do autor, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendendo que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

7. Poderanse facer ofertas en prego pechado e o remate poderase verificar en calidade de cederllo a un terceiro, coas regras que establece o artigo 131 da Lei hipotecaria.

8. No caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, transládase o día no que han ter lugar para o seguinte hábil dentro da semana na que se tivese sinalado a poxa suspendida.

9. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes na poxa, salvante a que lle corresponda ó mellor licitador, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga, e se é o caso, como parte do prezo de venda.

10. Se o acredor o pedise ata o mesmo intre de que teña lugar a poxa, tamén se poderán reservar en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatrio non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate outros licitadores e sempre pola orde das ofertas.

11. O sinalamento do lugar, día e hora, para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación do presente edicto serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto da poxa.

Predio A).- Monte baixo Cotóns de noventa e cinco cuartillos ou vintecinco áreas e trinta e tres centiáreas, aproximadamente. Linda: norte, Dolores Pensado; sur, camiño; leste, Dolores Capeáns Garaban e oeste, Rogelio Neira Cerdeira. Indivisible.

Inscrito no tomo 611, libro 155, folio 13, predio 15.318, Rexistro da Propiedade de Negreira.

Predio B).-Monte baixo Cotóns, máis cara ó oeste do anterior, de cento dez cuartillos ou vintenove áreas e trinta e tres centiáreas, aproximadamente, que linda: norte, muro vello e despois de Rogelio Neira Cerdeira; sur, Manuel Capeáns Martínez e Manuel Martínez Otero; leste, en parte, Nélida Mariño e noutra parte, Rogelio Neira Cerdeira e oeste, Rogelio Neira Cerdeira. Indivisible.

Inscrito no tomo 611, libro 155, folio 15, predio 15.320, Rexistro da Propiedade de Negreira.

Ámbolos dous predios están situados na parroquia de Ordoño, concello de Ames.

Santiago de Compostela o trece de marzo de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

1606