Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Conselleria de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dun arrendamento de fotocopiadoras e impresoras con destino á Consellería de Economía e Facenda e delegacións territoriais (expediente 8-1997).

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso público polo procedemento aberto para a contratación dun arrendamento de fotocopiadoras e impresoras con destino á Consellería de Economía e Facenda e delegacións territoriais. As características básicas da contratación son as seguintes:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio. San Caetano, 15704 Santiago de Compostela. Tfno. 54 41 34. Expediente 8/1997.

2. Obxecto do contrato: arrendamento de fotocopiadoras e impresoras con destino á Consellería de Economía e Facenda e delegacións territoriais.

O prazo de execución será de 44 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: oitenta millóns seiscentas oito mil pesetas (80.608.000 ptas.) IVE incluído.

Lote I: 12 fotocopiadoras: 23.232.000.

Lote II: 14 fotocopiadoras: 9.856.000.

Lote III: 9 impresoras: 47.520.000.

5. Garantía provisional. Os interesados en participar no concurso, deberán constituí-la garantía provisional nalgunha das formas previstas no apartado 1 do artigo 36 da LCAP, na contía do 2% do orzamento de licitación coas seguintes cantidades:

Lote I: 464.640.

Lote II: 197.120.

Lote III: 950.400.

Total: 1.612.160.

6. Obtención de documentación e información: nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, no edificio administrativo San Caetano, s/n, C.P. 15704. Santiago de Compostela, Teléfono: 54 41 34, Telefax 54 41 25.

A data límite de obtención de documentación e información será a fixada para o prazo de presentación das proposicións.

7. Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do 7 de maio e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares deberanse presentar en man no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, edificio administrativo San Caetano, s/n CP 15704, Santiago de Compostela.

8. Apertura de ofertas: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas no acto público ó que poderán asisti-los licitadores ou os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 11 horas do 14 de maio.

O importe do anuncio de licitación será por conta do adxudicatario.

9. Data de envío ó DOCE: 17 de marzo de 1997.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1997)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

2439