Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.420

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 24 de marzo de 1997 pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 14 de marzo de 1997, polo que se lle outorga á Asociación Ecca a concesión definitiva para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Pontevedra.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de marzo de 1997, relativo ó outorgamento á Asociación Ecca da concesión definitiva para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Pontevedra, resulta necesario darlle publicidade ó devandito acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do 14 de marzo de 1997, polo que se lle outorga á Asociación Ecca a concesión definitiva para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulacion de frecuencia en Pontevedra, texto que figura no anexo á presente orde.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1997.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

ANEXO

Acordo do 14 de marzo de 1997, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se lle outorga á Asociación Ecca a concesión definitiva para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Pontevedra.

Esteban Velázquez Quevedo e Luis Alvarado Duarte, en representación da Asociación Ecca, solicitaron a concesión dunha emisora de carácter institucional en ondas métricas con modulación de frecuencia en Pontevedra, ó amaparo da Orde do 16 de xuño de 1983 da Consellería da Presidencia e do Decreto 172/1982, do 15 de decembro, que posteriormente foi derrogado polo Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro.

Por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de novembro de 1983 adxudicóuselle con carácter provisional á Asociación Ecca unha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Pontevedra.

Sendo aprobado pola Dirección Xeral de Telecomunicacións do Ministerio de Fomento o correspondente proxecto técnico, así como a acta de conformidade final das instalacións, e tendo en conta o informe da Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual, por proposta da Consellería de Cultura e Comunicación Social, o Consello da Xunta de Galicia acorda:

Primeiro.-Outorgarlle á Asociación Ecca a concesión definitiva para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Pontevedra, de carácter educativo e cultural a teor do que se dispón no artigo 3.2º do Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, polo que se regula o procedemento de concesión de emisoras de rediodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, e con suxeición ás normas contidas na Lei 31/1987, do 18 de decembro, de ordenación das telecomunicacións, no Real decreto 169/1989, do 10 de febreiro, polo que se aproba o Plan Técnico Nacional de Radiodifusión Sonora en Ondas Métricas con Modulación de Frecuencia e a Orde da Consellería da Presidencia do 16 de xuño de 1983 e demais normativa aplicable.

Segundo.-As características técnicas que se asignan á mencionada emisora son as seguintes:

-Coordenadas: 42º 19' 13" N

08º 41' 45" W

-Cota (m): 548.

-Denominación da emisión: 256 KF8EHF.

-Frecuencia (MHz): 96,5.

-Pontencia radiada aparente máxima (w): 2000.

-Potencia máxima nominal do equipo transmisor (w): 1000.

-Potencia de saída autorizada do equipo transmisor (w): 680.

-Sistema radiante: 4 dipolos. Omnidireccional.

-Altura sobre o solo do centro eléctrico da antena (m): 25.

-Altura do mastro (m): 33.

-Altura efectiva máxima (m): 561.

-Polarización: mixta.

A frecuencia asignada queda condicionada, se é o caso, ó trámite da coordinación internacional.

Terceiro.-O prazo de concesión, a teor do que se dispón no artigo 13 do Decreto 156/1989, do 27 de xullo, é de 10 anos a partir do día seguinte ó da publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia.

2594