Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.421

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación de Promotores de Energía Eólica de Galicia (Apega).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento de Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e estatutos da Asociación de Promotores de Energía Eólica de Galicia (Apega) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación, as persoas xurídicas que dalgunha maneira teñan interese directo nos fins sociais da asociación e, en concreto, directa ou indirectamente, en canto á promoción, a execución, desenvolvemento e implantación dos correspondentes proxectos para o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Asinan a acta de constitución: José María Rivero de Aguilar, representando a EASA, Energías Ambientales, S.A., e oito persoas máis.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

2677