Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.421

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data na que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes dos corpos docentes universitarios que se citan.

Convocadas para provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo, e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro); artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo), e artigo 17º do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (BOE do 27).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas descritas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que serán elixidos por este procedemento

para o día 24 de abril de 1997, ás dez horas, e estes realizaranse polo sistema aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades, na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde na que figuran relacionados no anexo citado.

Os ditos sorteos celebraranse no Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución, faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 19 de abril de 1997, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidadaes (Cidade Universitaria, sen número, 28040, Madrid).

Nos concursos nos que non existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, observarase o previsto no artigo 1º do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 20 de marzo de 1997.

Juan Roca Guillamón

Secretario xeral do Consello de Universidades

Vicesecretario xeral do Consello de Universidades

Universidade: A Coruña.

Concursos convocados por resolución da universidade do: 21-10-1996 e BOE: 7-12-1996.

Concurso nº 58

Nº sorteo: 32502.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: métodos de investigación e diagnóstico en educación.

Presidente titular: Eduardo Abalde Paz.

Vocal secretario titular: José J. Lorenzo Salvador González.

Universidade: Vigo.

Concursos convocados por resolución da universidade do: 16-11-1992 e BOE: 28-11-1992.

Concurso nº 75

Nº sorteo: 32562

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: psicoloxía evolutiva e da educación.

Presidente titular: Eliseo Alonso Barca Lozano.

Vocal secretario titular: Agustín Dosil Maceira.

2569