Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.402

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 31 de marzo de 1997 pola que se convocan e aproban as bases polas que se rexerán os premios de investigación Xunta de Galicia 1996.

O apoio e fomento da investigación é unha función que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia vén exercendo baixo a firme convicción de que o investimento en recursos humanos favorece o benestar social e o desenvolvemento productivo.

En execución das súas competencias, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procedeu a convocar nos anos 1993, 1994, 1995 e 1996 os premios Xunta de Galicia de investigación correspondentes ós anos 1992, 1993, 1994 e 1995 respectivamente.

Como continuación das accións de anos anteriores e co fin de complementa-las convocatorias de accións de apoio e fomento da investigación que vén facendo tódolos anos a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, con outra que teña como base o recoñecemento do mérito nas persoas que se dedican a tarefas investigadoras que redunden en beneficio de Galicia, ou a súa divulgación, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

Convoca-los premios de investigación Xunta de Galicia de 1996, de acordo coas correspondentes bases que se insiren, respectivamente, nos anexos I, II e III da presente orde.

Artigo 2º

Os premios que se convocan son os seguintes:

-Premio Xunta de Galicia 1996 a unha traxectoria investigadora pola súa contribución ó desenvolvemento científico na Comunidade Autónoma de Galicia (anexo I).

-Premio Xunta de Galicia 1996 de promoción da investigación ó mellor artigo publicado en xornal, semanario ou revista de información xeral (anexo II).

-Premio Xunta de Galicia 1996 ó mellor traballo publicado en revista científica ou capítulo de libro (anexo III).

Artigo 3º

O xurado que resolverá os anteditos premios Xunta de Galicia terá a seguinte composición:

Presidente:

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, ou persoa en quen delegue.

Vocais:

-Os rectores das tres universidades de Galicia, ou persoas nas que deleguen.

-O último galardoado co Premio Xunta de Galicia de investigación a unha traxectoria investigadora ou, no seu defecto, a persoa galardoada na convocatoria que o preceda.

-Tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito da investigación en Galicia, nomeadas polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Secretario: un funcionario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación que actuará con voz, pero sen voto.

Artigo 4º

Ningún membro do xurado poderá ser candidato ó premio. O xurado poderá solicita-lo asesoramento e face-las consultas que coide oportunas entre especialistas das distintas áreas de coñecemento, tanto dentro coma fóra do ámbito territorial da nosa Comunidade Autónoma.

Artigo 5º

O libramento da contía destes premios farase con cargo á partida orzamentaria 07.05.431A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997.

Disposición adicional

Facúltase o director xeral de Universidades e Investigación para que dicte as disposicións oportunas cara ó adecuado desenvolvemento da presente orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Director Xeral de Universidades e Investigación

ANEXO I

Premio Xunta de Galicia 1996 a un labor ou traxectoria investigadora.

BASES:

Primeira.-Este premio Xunta de Galicia créase para salientar un labor ou traxectoria investigadora e ten por obxectivo recoñecer e recompensa-los méritos da labor ou traxectoria seleccionada pola súa contribución ó desenvolvemento da investigación galega ou da producción científica de Galicia.

Segunda.-Poderán ser candidatos ó premio as persoas físicas, coa condición de candidatura unipersoal ou colexiada, que desenvolvesen ou estean a desenvolve-la súa actividade investigadora en Galicia ou dentro dunha entidade radicada no seu territorio, así como aqueles investigadores que realicen ou teñan realizado actividade investigadora que redun

de en beneficio de Galicia. O premio poderá concederse a título póstumo.

Terceira.-O premio está dotado con tres millóns (3.000.000) de pesetas. Será adxudicado a unha soa candidatura, ben sexa unipersoal ou colexiada.

Cuarta.-O premio é indivisible. Poderá ser declarado deserto. As decisións do xurado serán inapelables.

Quinta.-A presentación de cada candidato, xa sexa candidato unipersoal ou colexiado, terá que ser realizada por calquera institución, organismo, asociación, sociedade científica, padroado ou fundación (con actividade recoñecida estatutariamente no eido da investigación ou do desenvolvemento tecnolóxico en Galicia). As solicitudes no modelo oficial que se publica no anexo V á presente orde presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por cualquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes acompañaranse de:

1. Memoria na que se exporá a importancia e relevancia que a candidatura proposta tivo e ten no desenvolvemento científico de Galicia e currículum vitae do candidado (oito copias de ámbolos documentos e unha delas acompañarase dos xustificantes do currículum).

2. Breve extracto do currículum do candidato segundo o modelo que se publica como anexo VIII (oito copias).

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de maio de 1997.

Sexta.-A decisión do xurado terá lugar dentro dos seis meses seguintes ó peche do prazo da presentación das candidaturas. Para os efectos do establecido no artigo 42.2º da Lei 30/1992, transcorrido aquel prazo sen que se dictase resolución expresa, entenderase que quedan desestimadas as solicitudes presentadas.

Sétima.-A decisión do xurado darase a coñecer mediante publicación no DOG e por comunicación directa ó galardoado.

Oitava.-O premio entregarase en acto público. O premiado, ou o seu representante debidamente acreditado con anterioridade ó acto, recibirá un diploma e o importe do premio, que lle será aboado mediante talón nominativo por valor da súa contía total.

Novena.-A documentación da candidatura premiada ó abeiro desta convocatoria será debidamente arquivada na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Dirección Xeral de Universidades e Investigación). As candidaturas non premiadas poderán retira-la documentación presentada no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se faga pública a decisión do xurado. Transcorrido este prazo procederase ó seu arquivo.

ANEXO II

Premio Xunta de Galicia 1996 de promoción da investigación ó mellor artigo publicado en xornal, semanario ou revista de información xeral.

BASES:

Primeira.-Este premio créase para recompensa-lo traballo de divulgación sobre a investigación e/ou o desenvolvemento tecnolóxico, tanto no que se refire á súa historia, ó seu estado actual ou ás súas posibilidades futuras.

Segunda.-Poderán presentar traballos a este premio, unicamente baixo a condición de candidatura unipersoal, tódalas persoas físicas, sexan profesores, investigadores ou profesionais que poidan encadrarse nalgún dos seguintes apartados:

-Persoas que desenvolven a súa actividade en Galicia e presentan á candidatura un traballo publicado en calquera xornal, semanario ou revista de información xeral editado en España.

-Galegos que desenvolven a súa actividade fóra de Galicia e presentan á candidatura un traballo publicado en xornal, semanario ou revista de información xeral editados en España.

-Persoas que desenvolven a súa actividade fóra de Galicia e presentan á candidatura un traballo sobre temática de Galicia, publicado en calquera xornal, semanario ou revista de información xeral editado en España.

En todo caso, entenderase que a candidatura unipersoal admite a autoría de artigos asinados por un ou, como máximo, dous investigadores.

Cada persoa física só poderá presentar unha candidatura a esta modalidade de premio.

Terceira.-Concederase un premio dotado coa cantidade única de 750.000 (setecentas cincuenta mil) pesetas.

Cuarta.-O premio poderá ser outorgado de forma compartida a dous traballos presentados, ou deixarse deserto. De igual xeito, sempre ó xuízo do xurado, poderán concederse ata un máximo de tres mencións honoríficas. As decisións do xurado serán inapelables.

Quinta.-Os artigos (excluiranse a reproducción de informes, entrevistas, reportaxes ou informes) enviados deberán estar publicados entre o 1 de xaneiro de 1996 e o 31 de decembro do mesmo ano nalgún xornal, semanario, ou revista de información xeral axustándose ó establecido na base segunda. Os traballos que se presenten ó premio non poden ter sido premiados por convocatorias semellantes doutros organismos.

Sexta.-As solicitudes no modelo oficial que se publica no anexo VI a presente orde, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (edificio de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela),

ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes acompañaranse de:

1. Un orixinal e oito copias do artigo correspondente. Ó orixinal deberán xuntarse os créditos técnicos correspondentes á publicación de que se trata.

2. Breve extracto do currículum do candidato segundo o modelo que se publica como anexo VIII (oito copias).

3. No caso de que o traballo estea asinado por dous autores e só un deles participe nesta convocatoria, este deberá xuntar autorización para concursar, asinada polo outro autor.

4. Fotocopia do DNI do solicitante.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de maio de 1997.

Sétima.-A decisión do xurado terá lugar dentro dos seis meses seguintes ó peche do prazo de presentación das candidaturas. Para os efectos do establecido no artigo 42.2º da Lei 30/1992, transcorrido aquel prazo sen que se dictase resolución expresa, entenderase que quedan desestimadas as solicitudes presentadas.

Oitava.-A decisión do xurado farase pública mediante publicación no DOG e por comunicación directa ó primeiro autor asinante do traballo premiado.

Novena.-Os premios entregaranse en acto público. Os premiados, ou os seus representantes debidamente acreditados con anterioridade ó acto, recibirán un diploma e o importe do premio, que lles será aboado mediante talón nominativo por valor da contía total deste. No caso de que o artigo premiado corresponda a dous autores, expedirase o diploma por duplicado e o importe do premio, repartirase entre os dous galardoados facéndolles entrega a cada un deles dun talón nominativo pola contía correspondente.

Décima.-A documentación das candidaturas premiadas ó abeiro desta convocatoria será debidamente arquivada na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Dirección Xeral de Universidades e Investigación). As candidaturas non premiadas poderán retira-la documentación presentada no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se faga pública a decisión do xurado. Transcorrido este prazo procederase ó seu arquivo.

ANEXO III

Premio Xunta de Galicia 1996 ó mellor traballo publicado en revista científica ou capítulo de libro

BASES:

Primeira.-Este premio créase para recompensa-lo labor do investigador a través dun traballo publicado en revista científica ou capítulo de libro, e nel valorarase especialmente a capacidade para actualizar experiencias e coñecementos científicos de interese,

para solucionar problemas actuais, e/ou para abrir novas vías de investigación nos seus ámbitos de traballo.

Segunda.- Poderán presentar traballos a este premio, unicamente baixo a condición de candidatura unipersoal, tódalas persoas físicas, sexan profesores, investigadores ou profesionais, galegos ou non galegos, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, galegos que desenvolvan a súa actividade fóra de Galicia e tamén non galegos sempre que, estando fóra de Galicia, presenten á candidatura un traballo sobre temática de Galicia. En todo caso, entenderase que a candidatura unipersoal admite a autoría de artigos asinados por un ou, como máximo, dous investigadores.

Terceira.-Concederase un premio dotado coa cantidade única de 750.000 (setecentas cincuenta mil) pesetas ó mellor traballo seleccionado entre os que se presenten dentro de cada unha das áreas que se relacionan no anexo IV. Ningún traballo poderá presentarse como candidato ó premio por máis dunha área e ningún investigador poderá presentar máis dun traballo ou artigo como candidatura nesta modalidade.

Cuarta.-O premio poderá ser outorgado de xeito compartido, en cada unha das áreas do anexo IV, a dous traballos presentados, ou deixarse deserto. De igual xeito, sempre ó xuízo do xurado, poderá concederse unha mención honorífica por cada unha das áreas indicadas no anexo IV. As decisións do xurado serán inapelables.

Quinta.-Os traballos enviados deberán estar publicados entre o 1 de xaneiro de 1996 e o 31 de decembro do mesmo ano. Os traballos que se presenten ó premio non poden estar premiados en convocatorias semellantes doutros organismos.

Sexta.-As solicitudes no modelo oficial que se publica no anexo VII presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (edificio de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela), ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes acompañaranse de:

1. Un orixinal e oito copias do artigo correspondente. No caso de que se trate de artigos de revista, deberá consignarse expresamente o nome oficial desta e copia do índice no que apareceu o traballo no que conste a data concreta da publicación.

No caso de capítulo de libro, consignarase expresamente a referencia completa da obra (título, editorial, cidade e ano de edición), xunto cunha copia da portada, contraportada e índice completo do libro no que está publicado o traballo que se presenta ó premio.

2. Breve extracto do currículum do candidato segundo o modelo que se publica como anexo VIII (oito copias).

3. No caso de que o traballo estea asinado por dous autores e só un deles participe neste convocatoria, este deberá xuntar autorización para concursar asinada polo outro autor.

4. Fotocopia do DNI do solicitante.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de maio de 1997.

Sétima.-A decisión do xurado terá lugar dentro dos seis meses seguintes ó peche do prazo de presentación de candidaturas. Para os efectos do establecido no artigo 42.2º da Lei 30/1992, transcorrido aquel prazo sen que se dictase resolución expresa, entenderase que quedan desestimadas as solicitudes presentadas.

Oitava.-A decisión do xurado farase pública mediante publicación no DOG e por comunicación directa ó primeiro autor asinante do traballo premiado.

Novena.-Os premios entregaranse en acto público. Os premiados, ou os seus representantes debidamente acreditados con anterioridade ó acto, recibirán un diploma e o importe do premio, que lles será aboado mediante talón nominativo por valor da súa contía total. No caso de que o artigo premiado corresponda a dous autores, expedirase o diploma por duplicado e o importe do premio repartirase entre os galardoados facéndolles entrega a cada un deles de un talón nominativo pola contía correspondente.

Décima.-A documentación das candidaturas premiadas ó abeiro desta convocatoria será debidamente arquivada na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Dirección Xeral de Universidades e Investigación). As candidaturas non premiadas poderán retira-la documentación presentada no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se faga pública a decisión do xurado. Transcorrido este prazo procederase ó seu arquivo.

ANEXO IV

Titulacións académicas por grandes áreas de coñecemento.

Para os efectos dos premios do anexo III, os traballos deberán identificarse, pola súa temática, dentro dunha das cinco áreas que se definen a continuación e que están integradas polos posibles estudios conducentes ós títulos oficiais que se detallan.

Tendo en conta o dito no apartado anterior enténdese que a identificación de cada área polo tipo de estudios non predetermina necesariamente que o traballo que se presente a concurso dentro dunha área teña que estar escrito por unha ou máis persoas graduadas desa mesma área. As áreas, neste caso, só serven para clasifica-los traballos presentados.

CIENCIAS EXPERIMENTAIS

Licenciado en bioloxía.

Licenciado en bioquímica.

Licenciado en ciencia e tecnoloxía dos alimentos (só de 2º ciclo).

Licenciado en ciencias ambientais.

Licenciado en ciencias do mar.

Licenciado en ciencias e técnicas estatísticas (só de 2º ciclo).

Licenciado en física.

Licenciado en matemáticas.

Licenciado en química.

Licenciado en xeoloxía.

Diplomado en estatística.

Diplomado en óptica e optometría.

CIENCIAS DA SAÚDE

Licenciado en farmacia.

Licenciado en medicina.

Licenciado en odontoloxía.

Licenciado en veterinaria.

Diplomado en enfermería.

Diplomado en fisioterapia.

Diplomado en logopedia.

Diplomado en podoloxía.

Diplomado en terapia ocupacional.

CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS

Licenciado en administración e dirección de empresas.

Licenciado en ciencias actuariais e financeiras (só de 2º ciclo).

Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Licenciado en ciencias políticas e da administración.

Licenciado en comunicación audiovisual.

Licenciado en dereito.

Licenciado en documentación (só de 2º ciclo)

Licenciado en economía.

Licenciado en investigación e técnicas de mercado (só de 2º ciclo).

Licenciado en pedagoxía.

Licenciado en psicopedagoxía (só de 2º ciclo).

Licenciado en psicoloxía.

Licenciado en publicidade e relacións públicas.

Licenciado en socioloxía.

Licenciado en xornalismo.

* Mestre:

-Especialidade de educación infantil.

-Especialidade de educación primaria.

-Especialidade de lingua estranxeira.

-Especialidade de educación física.

-Especialidade de educación musical.

-Especialidade de educación especial.

-Especialidade de audición e linguaxe.

Diplomado en biblioteconomía e documentación

Diplomado en ciencias empresariais.

Diplomado en educación social.

Diplomado en xestión e administración pública.

Diplomado en relacións laborais.

Diplomado en traballo social.

ENSINANZAS TÉCNICAS

Arquitecto.

Arquitecto técnico.

Enxeñeiro aeronáutico.

Enxeñeiro técnico en aeromotores.

Enxeñeiro técnico en aeronavegación.

Enxeñeiro técnico en aeronaves.

Enxeñeiro técnico en aeroportos.

Enxeñeiro técnico en equipos e materiais aeroespaciais.

Enxeñeiro agrónomo.

Enxeñeiro técnico en explotacións agropecuarias.

Enxeñeiro técnico en hortofruticultura e xardinería.

Enxeñeiro técnico en industrias agrarias e alimentarias.

Enxeñeiro técnico en mecanización e construccións rurais.

Enxeñeiro de camiños, canais e portos.

Enxeñeiro técnico en construccións civís.

Enxeñeiro técnico en hidroloxía.

Enxeñeiro técnico en transportes e servicios urbanos.

Enxeñeiro en electrónica (só de 2º ciclo).

Enxeñeiro técnico en sistemas electrónicos.

Enxeñeiro industrial.

Enxeñeiro de materiais (só de 2º ciclo)

Enxeñeiro técnico en electricidade.

Enxeñeiro técnico en mecánica.

Enxeñeiro técnico téxtil.

Enxeñeiro en informática.

Enxeñeiro técnico en informática de xestión.

Enxeñeiro técnico en informática de sistemas.

Enxeñeiro técnico en deseño industrial.

Enxeñeiro de minas.

Enxeñeiro técnico en explotacións de minas.

Enxeñeiro técnico en instalacións electro-mecánicas mineiras.

Enxeñeiro técnico en mineraloxía e metalurxia.

Enxeñeiro técnico en recursos enerxéticos, combustibles e explosivos.

Enxeñeiro técnico en sondaxes e prospeccións mineiras.

Enxeñeiro de montes.

Enxeñeiro técnico en explotacións forestais.

Enxeñeiro técnico en industrias forestais.

Enxeñeiro naval e oceánico.

Enxeñeiro técnico en estructuras mariñas.

Enxeñeiro técnico en propulsión e servicios de buque.

Enxeñeiro en organización industrial (só 2º ciclo).

Enxeñeiro en automática e electrónica industrial (só 2º ciclo).

Enxeñeiro técnico en electrónica industrial.

Enxeñeiro químico.

Enxeñeiro técnico en química industrial.

Enxeñeiro en telecomunicacións.

Enxeñeiro técnico en sistemas de telecomunicación.

Enxeñeiro técnico en son e imaxe.

Enxeñeiro técnico en telemática.

Enxeñeiro en xeodesia e cartografía (só de 2º ciclo).

Enxeñeiro técnico en topografía.

Licenciado en máquinas navais (só de 2º ciclo).

Diplomado en máquinas navais.

Licenciado en náutica e transporte marítimo (só de 2º ciclo).

Diplomado en navegación marítima.

Licenciado en radioelectrónica naval (só de 2º ciclo).

Diplomado en radiolectrónica naval.

HUMANIDADES

Licenciado en antropoloxía social e cultural (só de 2º ciclo).

Licenciado en belas artes.

Licenciado en filoloxía alemana.

Licenciado en filoloxía árabe.

Licenciado en filoloxía catalana.

Licenciado en filoloxía clásica.

Licenciado en filoloxía eslava.

Licenciado en filoloxía francesa.

Licenciado en filoloxía galega.

Licenciado en filoloxía hebrea.

Licenciado en filoloxía hispánica.

Licenciado en filoloxía inglesa.

Licenciado en filoloxía italiana.

Licenciado en filoloxía portuguesa.

Licenciado en filoloxía románica.

Licenciado en filoloxía vasca.

Licenciado en filosofía.

Licenciado en xeografía.

Licenciado en historia.

Licenciado en historia da arte.

Licenciado en historia e ciencia da música.

Licenciado en humanidades.

Licenciado en teoría da literatura e literatura comparada (só de 2º ciclo).

Licenciado en lingüística (só de 2º ciclo).

Licenciado en traducción e interpretación.

553