Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 11 de abril de 1997 Páx. 3.399

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de febreiro de 1997 pola que se convocan os centros de ensinanzas non universitarias para incorporarse á bolsa de entidades colaboradoras no programa de prestación social substitutoria do servicio militar.

O Estatuto de autonomía de Galicia establece no artigo 31 a competencia plena desta comunidade para regular e administra-lo ensino, en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias e sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que o desenvolven.

A Lei orgánica do dereito á educación establece, no artigo 15, que os centros educativos non universitarios dispoñen de autonomía para propoñer materias optativas, adaptar programas, adoptar métodos de ensino e organizar actividades culturais escolares e extraescolares, na medida en que non xere discriminación para ningún membro da comunidade educativa.

A Constitución española sinala no seu artigo 30.2º que a lei regulará a obxección de conciencia, como dereito do cidadán. Neste contexto e en cumprimento do precepto xa indicado, a Lei 48/1984, do 26 de decembro, regula a obxección de conciencia e a prestación social substitutoria do servicio militar. Nela indícase que a prestación social substitutoria realizarase preferentemente en entidades dependentes das administracións públicas ou en entidades privadas que reúnan unhas condicións determinadas.

A Xunta de Galicia, no seu desexo de colaborar no desenvolvemento dos programas de prestación social substitutoria, creou a Comisión Galega de Obxección de Conciencia, a través do Decreto 41/1995, do 3 de febreiro.

Para tal efecto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, como entidade membro da comisión antes referida, establece, a través da Orde do 3 de maio de 1996, o procedemento de acceso ós centros educativos de ensinanzas non universitarias, para solicita-la autorización para incorporarse á bolsa de entidades colaboradoras no programa de prestación social substitutoria, co propósito de seguir favorecendo a calidade e mellora dos servicios educativos.

Na súa virtude, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Convocar para o curso 1997-1998 tódolos centros educativos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Galicia que desexen solicita-la autorización para incorporarse á bolsa de ofertas de centros colaboradores no desenvolvemento de programas de colaboración social, para realiza-la prestación social substitutoria, no ámbito educativo.

Segundo.-Os programas previstos para realiza-la prestación social substitutoria e co obxecto de que as colaboracións sociais contribúan á facilitación

da igualdade de oportunidades e á dinamización sociocultural no ámbito educativo, son os seguintes:

1. Modalidade A) Programa de colaboración social na integración de alumnos con necesidades educativas especiais.

2. Modalidade B) Programa de colaboración social no desenvolvemento de actividades nas bibliotecas escolares.

Un mesmo centro poderá concorrer a cada unha das modalidades, pero daráselle preferencia ó programa de colaboración da modalidade A) e, neste, á atención de necesidades de autonomía persoal.

O programa da modalidade A) deberá cumprir como obxectivo xeral facilita-la igualdade de oportunidades no ámbito escolar, colaborando no desenvolvemento das potencialidades individuais, autonomía e calidade de vida dos alumnos con necesidades educativas especiais.

A colaboración social do obxector, nesta modalidade de programa, desenvolverase durante o tempo que o alumnado permaneza ligado á actividade escolar prevista no proxecto educativo do centro e que, con carácter xeral, xirará arredor das actividades seguintes:

A.1. Actividades regradas dentro das aulas escolares, como a mobilidade de mesas, cadeiras de rodas ou calquera outro material específico que precisen os alumnos con minusvalidez; no cumprimento das normas da clase; na adquisición de hábitos de compostura e hixiene, e en calquera outro que estime preciso o profesor da aula.

A.2. Actividades regradas fóra da aula, nos tempos libres e de xogos escolares, no recreo, nos corredores, nos servicios, custodia e, se é preciso, por falta de autonomía persoal, atención directa a servicios mínimos sempre baixo a dependencia directa do profesor correspondente.

A.3. Actividades complementarias relacionadas co transporte, na axuda ó acceso ós medios de transporte que utilizan os alumnos habitualmente, en excursións ou noutras que estime precisas o director ou directora do centro educativo.

A.4. Actividades complementarias relacionadas coas actividades no comedor escolar como servi-los pratos, no caso de autoservicio e, se é preciso, na adquisición de hábitos de hixiene alimentaria (mastigar ben, manexo dos cubertos, limpa-la boca), así como atende-la dimensión social do acto de comer en grupo (conversar, non berrar, etc.) ou calquera outra indicada nas directrices fixadas polo centro educativo.

A.5. Actividades extraescolares: nos adestramentos deportivos; na organización e participación en festas, ligas ou campionatos escolares; na socialización e fomento de dinámicas interpersoais e de comunicación, nos tempos libres, no autocar, en excursións, sempre baixo a dependencia directa do profesor correspondente, se é o caso.

O programa da modalidade B) deberá ter como obxectivo xeral o de colaborar nas actividades de posta en funcionamento, organización ou dinamiza

ción que se desenvolven na biblioteca escolar baixo as directrices do profesor responsable dela.

A colaboración, nesta modalidade de programa, desenvolverase durante o tempo que se especifique no proxecto educativo do centro e con carácter xeral xirará arredor das seguintes actividades:

B.1. Orientadas ó profesorado e alumnos relacionadas coa información sobre a oferta bibliográfica da biblioteca.

B.2. Dirixidas ós alumnos e relacionadas coa información sobre aspectos de organización da biblioteca, para mellora-la autonomía nela.

B.3. Orientadas a tódolos posibles usuarios, na adquisición de hábitos de orde e consideración ós libros.

B.4. Outras actividades relacionadas coa utilización da biblioteca aprobadas polo consello escolar do centro, na organización de actividades de animación á lectura; así como cando asociacións ou outras organizacións sociais do contorno do centro dispoñan dela como lugar de reunión.

Terceiro.-O número de colaboradores sociais que poderá solicitar cada centro será, con carácter xeral, un por programa presentado.

Para o programa da modalidade A): dependendo da gravidade das necesidades, e do número de unidades do centro que acollan alumnado destas características, poderá solicitarse ata un máximo de tres colaboradores sociais por centro.

Para o programa da modalidade B): só se poderá solicitar un segundo colaborador social por centro e biblioteca nos centros que impartan ensinanzas en réxime diurno e nocturno.

Cuarto.-Os centros que desexen tomar parte na presente convocatoria deberán presentar unha solicitude asinada polo director ou directora do centro cos datos que figuran no anexo I.

A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:

1. Certificación das actas do consello escolar e do claustro de profesores do centro, na que se recolla o acordo da colaboración solicitada.

2. Proxecto do centro, no que conste o seguinte por cada programa presentado:

2.1. Modalidade de programa.

2.2. Planificación e viabilidade das actividades de colaboración dentro da organización xeral do centro.

2.3. Horarios previstos para a colaboración.

2.4. Relación de persoas involucradas no desenvolvemento do programa.

Quinto.-A solicitude acompañada da documentación indicada irá dirixida ó delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria correspondente e presentarase por calquera dos

20 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Sexto.-Os delegados provinciais remitiranlle á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional -Vocal da Comisión Galega de Obxección de Conciencia na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria- tódalas solicitudes recibidas, logo de seren informadas polo Servicio Provincial de Inspección.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, logo do informe da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, procederá á súa resolución.

Sétimo.-A resolución, coa relación de centros autorizados para colaborar no programa de obxección de conciencia, publicarase no Diario Oficial de Galicia. A relación dos centros educativos autorizados será remitida á Comisión Galega de Obxección de Conciencia-Dirección Xeral de Xustiza e Interior da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para que se inclúan na bolsa de oferta de entidades colaboradoras.

Oitavo.-A autorización do centro como entidade colaboradora non garante a participación de persoal colaborador social. Esta dependerá das posibilidades da oferta e da elección dos destinos por parte dos colaboradores sociais.

Noveno.-A colaboración do obxector estará suxeita ás indicacións do director ou directora do centro, segundo o acordado na autorización do programa.

Décimo.-En cada centro autorizado o responsable dos programas será a directora ou director do centro ou persoa na que delegue, e terá como funcións as indicadas no artigo 61 do Real decreto 266/1995, do 14 de febreiro (BOE do 16 de marzo de 1995).

Décimo primeiro.-O director e/ou os profesores colaboradores no desenvolvemento de cada programa prestaranlles asesoramento ós colaboradores sociais aportando nocións xerais sobre a estructura organizativa e funcional do centro, así como sobre cuestións específicas para o desenvolvemento de cada programa.

Décimo segundo.-Excepcionalmente os centros, ante razóns debidamente xustificadas, poderán modifica-la realización do programa inicialmente previsto. Neste caso, para a autorización das alteracións que estimen oportunas, presentarase de novo a documentación esixida, coas certificacións de actas de sesións do claustro e do consello escolar nas que foron aprobadas tales suxestións seguindo o proceso de trámite xa indicado.

Décimo terceiro.-A duración da autorización do centro educativo como entidade colaboradora será de dous anos, prorrogables sempre que non se acorde a disolución da colaboración por parte do centro. Neste caso, farase un aviso previo, cunha antelación de seis meses, indicando a vontade de rescindi-la colaboración debidamente xustificada.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Segunda.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional e a

Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa a dictar cantas disposicións sexan precisas para a aplicación e desenvolvemento do disposto nesta orde.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

2601