Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.298

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 8 de marzo de 1997 pola que se regulan os ingresos en garderías infantís dependentes da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Advertido erro por omisión na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 62, do

2 de abril de 1997, cómpre engadi-lo anexo que se reproduce a continuación:

ANEXO III

Baremo de aplicación ás solicitudes de admisión

nas garderías infantís

1º.-Situación socio-familiar.

1.1.-Por cada membro menor de 16 anos a cargo da unidade familiar, incluído o solicitante: 4 puntos.

1.2.-Por cada membro maior de 16 anos a cargo da unidade familiar, sen ingresos económicos, agás os pais do solicitante: 4 puntos.

1.3.-Por minusvalidez física, psíquica ou sensorial, enfermidade crónica que requira internamento periódico, alcoholismo ou drogadicción (segundo o grao):

-Pai: ata 5 puntos.

-Nai: ata 5 puntos.

-Outros membros da unidade familiar: ata 5 puntos.

1.4.-Por ausencia do fogar familiar (viuvez, separación, divorcio, familia monoparental, etc.):

-Pai: 5 puntos.

-Nai: 5 puntos.

1.5.-Por irmán/irmáns con praza renovada no centro nun grupo de idade superior á do neno para o que se solicita praza: 5 puntos.

1.6.-Pola condición de familia numerosa: 5 puntos.

1.7.-Calquera outra circunstancia socio-familiar que sexa susceptible de valoración a xuízo da comisión e adecuadamente acreditada: ata 5 puntos.

2º.-Situación laboral familiar.

2.1.-Situación laboral de desemprego sen prestación económica:

-Pai: 5 puntos.

-Nai: 5 puntos.

2.2.-Situación laboral de desemprego con prestación económica:

-Pai: 2 puntos.

-Nai: 2 puntos.

2.3.-Traballos sen cualificar fóra do fogar sen percepción económica fixa:

-Pai: 2 puntos.

-Nai: 2 puntos.

3º.-Situación económica.

3.1.-Ingresos mensuais da unidade familiar equivalentes ó salario mínimo interprofesional vixente: 10 puntos.

3.2.-Por cada tramo de 6.000 ptas. en sentido decrecente a partir do salario mínimo interprofesional: + 1 punto.

3.3-Por cada tramo de 6.000 ptas. en sentido crecente a partir do salario mínimo interprofesional: -1 punto.

* En caso de obter igual puntuación, daráselle prioridade á renda per cápita máis baixa.

2636