Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.289

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de Ferroatlántica, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo de Ferroatlántica, S.L. que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 26-2-1997, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa o día 14-11-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de marzo de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

2º Convenio de empresa de Ferroatlántica, S.L.

Fábrica de Sabón

Arteixo-A Coruña

Capítulo I

Estipulacións xerais

Artigo 1º.1.-Ámbito persoal.

O presente convenio regulará a partir da súa entrada en vigor as relacións laborais de todo o persoal fixo ou eventual do centro de traballo da empresa Ferroatlántica S.L., sito no polígono industrial de Sabón, Arteixo, A Coruña.

Artigo 1º.2.-Vixencia e duración.

O convenio, calquera que sexa a data de publicación no BOP, entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1997 e caducará o 31 de decembro de 1999.

Transcorrido o período de vixencia seguirán aplicándose tódalas súas cláusulas co mesmo alcance e contido con que foron pactadas ata que non se aprobe e entre en vigor un novo convenio.

Artigo 1º.3.-Denuncia.

Considerarase por ámbalas partes denunciado en tempo e forma na data do seu vencemento.

Artigo 1º.4.-Respecto dos dereitos adquiridos.

Respectaranse as situacións que en concepto de percepcións de calquera clase, no seu conxunto sexan máis beneficiosas que as fixadas no presente convenio, manténdose estrictamente a garantía ad-personam.

Artigo 1º.5.-Compensación.

As condicións económicas establecidas no presente convenio compensan os diferentes conceptos que con anterioridade viñan rexéndose por disposición legal, pacto, contrato ou por calquera outra causa, sempre que a dita compensación garanta os devengos fixos anuais que se perciban tanto económicos como sociais e que existían con anterioridade ó convenio.

Artigo 1º.6.-Comisión paritaria do convenio.

Para a interpretación, arbitraxe, conciliación e vixilancia do cumprimento das estipulacións do convenio créase unha comisión paritaria. Esta comisión estará composta por dous representantes do comité de empresa e dous representantes da empresa. En canto a funcións e normas de funcionamento desta comisión, haberá que aterse ó disposto na lexislación vixente.

Capítulo II

Réxime e condicións de traballo

Artigo 2º.1.-Xornada de traballo.

A xornada máxima anual para o ano 1997, 1998 e 1999 será de 1.752 horas, respectando, en todo caso, os períodos mínimos de descanso previstos pola lei e unha xornada máxima de oito horas diarias.

Respectaranse todas aquelas condicións máis beneficiosas existentes.

Artigo 2º.2.-Calendario laboral.

A empresa presentaralle ó comité de empresa antes do 31 de outubro o calendario laboral sobre as quendas e vacacións do persoal.

Independentemente das festas establecidas no calendario oficial, todo o persoal poderá desfruta-los días sobrantes do cómputo anual durante o ano, sempre que avise con suficiente antelación e logo de acordo co seu servicio e o departamento de persoal.

Dous dos días sobrantes desfrutaranse o 24 e 31 de decembro, salvo que as ditas datas coincidan en sábado, domingo ou festivo, o coa parada dos fornos, ya que en tales casos non se traballaría e sería innecesaria a súa recuperación.

Artigo 2º.3.-Vacacións.

As vacacións anuais retribuídas para todo o persoal de fábrica serán de 22 días laborables.

Durante o desfrute das vacacións o persoal cobrará ademais do soldo, salario de cualificación e antigüidade, tódalas primas que lle correspondan no seu posto habitual de traballo, excepto a prima domingo e festivo. O importe das primas será a media dos tres meses anteriores ó desfrute das vacacións.

Os traballadores que por necesidades de producción non poidan desfruta-las súas vacacións no período do 1 de xuño ó 30 de setembro percibirán un complemento de vacacións de 5.483 ptas. por día de vacacións, que serán aboadas no mesmo mes que se desfruten.

Así mesmo, quen desfrute as vacacións entre o 10 de xaneiro e o luns de Semana Santa (este incluído) e entre o 1 de novembro e o 15 de decembro terá dereito ó denominado premio de vacacións que consistirá en cinco días laborables de incremento ás súas vacacións, ou a un premio en metálico de cinco días de salario incluídas primas, cun importe mínimo de 32.607 ptas.

Os que desfruten a súas vacacións entre o luns de Pascua (luns seguinte á Semana Santa) e o 30 de xuño, ou desde o 1 de setembro ó 31 de outubro, tamén terán dereito ó citado premio, que neste caso consistirá en tres días laborables de incremento ás súas vacacións ou a un premio en metálico de tres días de salario incluídas primas, cun importe mínimo de 19.564 ptas.

Estes premios serán proporcionais ó período de desfrute, sendo incompatibles entre si.

Artigo 2º.4.-Licencias retribuídas.

As licencias retribuídas serán as seguintes:

1. Por falecemento de pais, fillos ou cónxuxe: tres días laborables.

2. Por falecemento de pais políticos, avós e netos: tres días naturais.

3. Por falecemento de irmáns ou irmáns do cónxuxe: tres días naturais.

4. Por falecemento de cónxuxes dos irmáns do traballador: dous días naturais.

5. Por falecemento de fillos políticos: dous días naturais.

6. Por falecemento de avós políticos: dous días naturais.

7. Por matrimonio: quince días naturais.

8. Por parto de esposa: tres días laborables.

9. Por enfermidade grave de pais, avós, fillos ou cónxuxe: dous días naturais.

10. Matrimonio de fillos ou irmáns e irmáns do cónxuxe: un día natural.

11. Por cambio de domicilio: un día natural.

As licencias comprendidas nos números 1 ó 6 inclusive poderán ampliarse a cinco días naturais por razón de distancia e viaxe xustificada.

Entenderase por días laborables aqueles non incluídos como festivos no calendario oficial de festas para a provincia da Coruña.

Estes permisos retribuiranse coas primas completas que correspondesen de ter traballado, salvo a prima de domingo ou festivo.

Tamén terán carácter de licencia retribuída as visitas médicas a especialistas prescritas polo médico de cabeceira da Seguridade Social, xustificando o tempo investido nelas.

Artigo 2º.5.-Permisos particulares.

Os demais permisos con soldo que se concedan terán o carácter de permisos particulares, aboándose neste caso o soldo, salario de cualificación, antigüidade, prima carencia incentivos e escala de promoción.

Artigo 2º.6.-Home menos na quenda.

Cando por calquera causa falte un home na quenda, a empresa ten a obriga de mandar outro o antes posible.

Artigo 2º.7.-Cambio de xornada do persoal de quenda.

Cando ó persoal de quenda, por motivo de mellor aproveitamento durante a parada de fornos, ou por calquera outro motivo, a empresa lle cambie a xornada, o dito persoal terá dereito a cobrar tanto na mensualidade como nas pagas extras os mesmos conceptos retributivos que cando estaba a quenda. Cando o cambio se fai por petición do traballador, cobrará os mesmos conceptos que lle correspondan no seu novo posto de traballo.

Artigo 2º.8.-Persoal de xornada provisionalmente a quenda.

As normas que hai que seguir cando o persoal de xornada normal pasa a tres quendas son as seguintes:

1. Xornada de inverno: cando un productor de xornada normal teña que substituír a un de quenda efectuarase da seguinte forma:

Cando haxa que traballar en sábado, domingo ou festivo aboaranse como horas extras as horas realmente traballadas. Se se traballa en domingo, o descanso correspondente desfrutarao o primeiro día de descanso da quenda na que traballe, aboándoselle 8 horas e 30 minutos como comisión de servicio.

Se dentro deste período de traballo houbese algún festivo, o correspondente descanso efectuarao o segundo día de descanso longo; se está a quenda, cando esta teña lugar, ou a continuación do primeiro descanso que desfrute, posterior ó festivo, se deixa a quenda nese momento. Para estes efectos enten

derase por descanso longo o correspondente á acumulación dos sábados, domingos e festivos dos ciclos de traballo establecidos. Neste caso tamén se aboará o descanso como comisión de servicio a razón de 8 horas 30 minutos.

Para os correquendas o descanso de festivo que traballen desfrutarano como comisión de servicio a razón de 8 horas 30 minutos o venres desa semana.

2. Xornada de verán. Neste caso farase igual que no anterior, aboándose como horas extras a diferencia entre a súa xornada semanal e a que realmente realice, coa diferencia de que as comisións de servicio se aboarán a razón de 6 horas 45 minutos.

3. Descansos. En ningún caso, toda vez que cobran como extraordinarios os sábados, domingos e festivos que se traballe, teñen dereito a descanso longo, senón unicamente ós descansos correspondentes ós sábados, domingos e festivos traballados que, como se indica anteriormente, se pagarán como comisión de servicio.

Artigo 2º.9.-Prolongación de xornada.

Os traballadores que finalicen o seu traballo entre as 23 e as 2 horas terán dereito a medio día de descanso ó día seguinte en concepto de comisión de servicio.

Os que terminen despois das 2 horas terán dereito a un día de descanso ó día seguinte no mesmo concepto.

Artigo 2º.10.-Comisión de servicio.

Entenderase por comisión de servicio a compensación tanto en tempo como economicamente pola perda de descanso semanal ou diario a que o traballador tivese dereito. En tódolos casos a comisión de servicio é obrigatorio descansala.

Se a comisión de servicio se debe a ter traballado a noite anterior a un domingo ou festivo, tamén se desfrutará o primeiro día laborable.

As horas indicadas no artigo 2º.9, entenderanse horas de presencia real en fábrica, sen que se compute o tempo de viaxe.

As horas indicadas nos artigo 2º.11 e 2º.12, entenderanse horas de presencia real en fábrica, computándose o tempo de viaxe (media hora de vir á fábrica e media hora de regreso ó domicilio).

Artigo 2º.11.-Outras comisións de servicio.

Cando a empresa requira a un traballador e este traballe máis de tres horas, terminando o traballo entre as 23 e as 2 horas, terase dereito a medio día de descanso ó día seguinte, en comisión de servicio.

Cando a empresa requira a un traballador e este traballe máis de tres horas empezando o traballo entre as 23 e as 4 horas, terase dereito a un día de descanso ó día seguinte en comisión de servicio. Igualmente, se tendo empezado o traballo antes das 23 horas se finaliza despois das 2 horas.

Cando a empresa requira a un traballador e este traballe máis de tres horas, empezando o traballo entre as 4 e as 5 horas, terase dereito a medio día de descanso ó día seguinte, en comisión de servicio.

Cando se traballasen 5 ou máis horas dentro do forno e estas se realicen dentro das primeiras 36 horas de parada, terase dereito a un día de descanso ó día seguinte en comisión de servicio.

Artigo 2º.12.-Traballo extraordinario en domingo ou festivo.

Se se traballa entre 5 e 8 horas extraordinarias en domingo ou festivo, concederase medio día laborable en comisión de servicio.

Se se traballa 8 horas extraordinarias en domingo e festivo, concederase un día laborable en comisión de servicio.

Artigo 2º.13.-Tempo de bocadillo persoal de quenda.

O persoal de quenda disporá de 20 minutos para come-lo bocadillo e considerarase tempo efectivo de traballo. O dito persoal tomará o bocadillo de forma graduada e só poderá ser interrompido por unha avaría grave e non polo traballo normal de cada día.

Artigo 2º.14.-Vacantes.

Cando a empresa queira crear un posto de traballo fixo ou eventual, cumprirá os seguintes requisitos:

1. Ofrecerllo primero ó persoal, con contrato indefinido a tempo parcial, comezando polo persoal excedente, a que se fai referencia na acta nº 1, anexa ó presente convenio.

2. Publicalo nos taboleiros de anuncios con suficiente antelación.

3. Sempre que haxa un productor en fábrica que desexe o dito posto, unha vez comprobada a súa capacidade para desempeñalo, terá preferencia a ocupalo sempre que non se vulneren os compromisos do punto 1º anteriormente mencionado.

4. Se ningún persoal do punto 1º ou fixo en fábrica puidese ocupa-lo dito posto, os fillos dos productores terán preferencia ante calquera solicitude, sempre que demostren a súa capacidade para ocupalo.

Calquera proba que se faga ós solicitantes para que teña validez, terá que contar coa presencia de dous membros do comité de empresa e outros dous da empresa.

Artigo 2º.15.-Roupa de traballo.

Os traballadores teñen dereito a dúas entregas de dous uniformes de traballo ó ano. A data de reparto fíxase en xuño e decembro de cada ano.

A roupa que se vai entregar cada semestre é a seguinte:

Unha funda (ou dous pantalóns) e unha camisa.

Tres pares de calcetíns.

Tres camisetas e un calzoncillo ó persoal do forno, anexos, conservación, materias primas e productos terminados.

Unha toalla.

Para o persoal do forno, a entrega citada en primeiro lugar será dunha camisa e dous pantalóns de la ou dúas camisas e un pantalón.

Unha vez ó ano entregaráselle a todo o persoal unha cazadora de la. En principio a súa entrega fíxase en decembro.

Ó persoal de laboratorio entrégaselle unha bata cada seis meses.

Ó persoal de portería e chofer entregaráselle durante o ano dous pantalóns de tergal (azul mariño ou gris), dúas camisas azuis, unha gravata, unha cazadora de pano, un par de zapatos de seguridade e catro pares de calcetíns.

Ás secretarias entregaráselles dous uniformes ó ano, compostos de dúas camisas, dúas saias e unha chaqueta de la.

Se por causa de realizar un determinado traballo en fábrica, alguna destas pezas de roupa quedase inutilizada, seranlles cambiadas por outras novas, logo de entrega das inutilizadas.

Art. 2º.16.-Comité de Seguridade e Saúde Laboral.

O Comité de Seguridade e Saúde Laboral da fábrica de Sabón estará composto por 10 membros, 5 deles elixidos pola dirección da empresa e 5 elixidos polo comité de empresa.

Será función do comité promove-lo cumprimento das disposicións en materia de seguridade e saúde laboral no traballo, así como estudiar e propoñe-las medidas que considere oportunas para a prevención dos riscos profesionais e cantas sexan convenientes para unha debida protección da vida e saúde dos traballadores.

Os membros deste comité disporán, para o ejercicio das súas funcións, de 10 horas mensuais, dentro da xornada laboral.

A empresa, cada dous anos, por mediación do organismo competente, promoverá o recoñecemento ambiental por áreas e zonas de traballo, coa presencia de dous membros deste comité elixidos polos traballadores. Se no dito recoñecemento se detectasen niveis non aceptables, a empresa fixará un prazo para a súa eliminación e informará o Comité de Seguridade e Saúde Laboral do curso dos traballos de corrección que se efectúen.

A empresa informará o Comité de Seguridade e Saúde Laboral dos casos que se poidan presentar de traballadores afectados por enfermidade profesional, procedendo a investiga-las causas que as motivaron, para a súa oportuna corrección, así como destina-lo traballador afectado a outro posto de tra

ballo acorde coa súa categoría profesional e condición física.

A empresa para o ano 1997 pon a disposición do Comité de Seguridade e Saúde Laboral unha cantidade de 914.211 ptas. para subsidia-las necesidades en materia de seguridade e saúde laboral non previstas no orzamento xeral de fábrica e postas de manifesto por este comité. Para a utilización desta cantidade será suficiente a conformidade de 5 membros do Comité de Seguridade e Saúde Laboral, e un deles, como mínimo, terá que ser dos elixidos polo comité de empresa.

Capítulo III

Conceptos retributivos

Artigo 3º.1.-Soldo, salario de cualificación.

Persoal empregado: o seu soldo individual incrementarase segundo o IPC previsto máis un 1 % durante os anos 1997, 1998 e 1999, máis 30.000 ptas. no ano 1997, sendo estas últimas non consolidables, para tódalas categorías, sendo para o ano 1997, os seus mínimos e máximos os establecidos na táboa salarial que se xunta a este convenio.

Persoal obreiro: o salario de cualificación incrementarase segundo o IPC previsto máis un 1 % durante os anos 1997, 1998 e 1999, máis 30.000 ptas, no ano 1997, sendo estas últimas non consolidables, para tódalas categorías; para o ano 1997, as cantidades que se van percibir por día, mes e categoría serán as establecidas na táboa salarial que se xunta a este convenio.

O persoal excedente reflectido na acta nº 1 anexa ó presente convenio, cando sexa chamado a incorporación ó traballo de forma fixa ou temporal, cobrará o salario base da segunda escala de cada categoría.

O persoal de nova contratación a partir do 1-1-1995 cobrará o salario base da primeira escala de cada categoría.

Artigo 3º.2.-Plus de antigüidade.

A antigüidade cobrarase a razón dun 1% por cada ano de servicio, do soldo ou salario de cualificación correspondente ó nivel mínimo do posto que ocupe en cada momento, sen limitación do número de anos.

Artigo 3º.3.-Prima de carencia de incentivos.

Esta prima incrementarase segundo o IPC previsto máis un 1 % durante os anos 1997, 1998 e 1999. Tanto o persoal empregado como o persoal obreiro percibirá unha prima fixa de carencia de incentivos nos seguintes termos e cuns importes que para o ano 1997 serán:

Persoal empregado: a prima actual individualizada incrementada segundo o IPC previsto máis un 1 %.

Persoal obreiro da segunda e terceira escala de tódalas categorías: 42.508 ptas. por paga.

Persoal empregado e obreiro de nova contratación (1-1-1995): 30.313 ptas. por paga.

Persoal excedente: percibirá a mesma prima de carencia incentivos que o persoal da segunda e terceira escala de cada categoría.

Esta prima que forma parte do salario cobrarase por 14 mensualidades, non poderá ser absorbida pola empresa, e será de carácter individual, ya que se creou para compensa-los antigos beneficios sociais que desfrutaban individualmente cada traballador en cadro de persoal: (paga de abril, bolsa de vacacións, economato, cesta de nadal, apartamentos, préstamos, fondo de axuda, axuda material escolar, vacacións para fillos do persoal).

Artigo 3º.4.-Prima de quenda.

A prima de quenda incrementarase segundo o IPC previsto máis un 1 % durante os anos 1997, 1998 e 1999. Esta prima cobrarase por 12 mensualidades, quedando establecida para o ano 1997 na contía de 17.395 ptas. mes.

Os baremos para as distintas quendas son:

MTNMNMT T M

Traballando domingos e festivos100%100%80%75%75%

Descansando domingos90% 90%75%75%75%

Descansando domingos e festivos85% 85%75%75%75%

MTN: quenda mañá, tarde e noite.

MN: quenda mañá e noite.

MT: quenda mañá e tarde.

T: quenda de tarde.

M: quenda de mañá.

Artigo 3º.5.-Escala de promoción (persoal obreiro).

A escala de promoción incrementarase segundo o IPC previsto máis un 1 % durante os anos 1997, 1998 e 1999, sendo o su valor no ano 1997 para o persoal obreiro de 2.771 ptas. mes e por cada escala que lle pertenza. Este escala cóbrase por 14 mensualidades.

Artigo 3º.6.-Plus nocturno.

O importe do plus nocturno será o 20% do salario de cualificación que lle corresponda ó posto de traballo que ocupe no momento, incrementado na escala de promoción e na antigüidade.

A fórmula para o cálculo é:

Obreiro = 0,2 [425 (salario diario + E.P. + antigüidade)/Cómputo anual de horas] x (56 h/mes x 14 meses)/12

Subalternos ou empregados = 0,2 [14(salario mensual + E.P. + antigüidade)/ Cómputo anual de horas] x (56 h/mes x 14 meses)/12.

Este plus nocturno cobrarase por 12 mensualidades.

Artigo 3º.7.-Prima de domingo e festivo.

A prima de domingo e festivo incrementarase segundo o IPC previsto máis un 1 % durante os

anos 1997, 1998 e 1999, sendo o su valor para o ano 1997 de 535 ptas. por hora, para todo o persoal que traballe en domingo ou festivo.

Artigo 3º.8.-Pagas extras.

As pagas extras de xullo e decembro serán de 30 días de remuneración dos seguintes conceptos:

-Soldo, salario de cualificación, antigüidade, prima de carencia de incentivos e escala de promoción do semestre anterior.

-Plus teléfono, plus cargador e traballo superior categoría de acordo co valor medio do cobrado no semestre anterior.

Artigo 3º.9.-Gratificacións especiais.

Consideraranse gratificacións especiais as seguintes:

1. Prima de emerxencia:

Os traballadores que para realizaren un traballo non previsto ou repararen unha avaría sexan chamados a partir da hora seguinte á saída oficial de fábrica e ata a hora de entrada do día seguinte, así como os que o sexan en sábado, domingo e festivos a calquera hora, cobrarán 979 ptas., máis unha gratificación equivalente ó importe dunha hora extra pola viaxe.

Igualmente, se son chamados despois das 11 da noite e a tarefa se pode resolver desde a casa, (sendo preciso neste caso que se responsabilice o xefe de quenda, dando un parte por escrito no que exprese o motivo da chamada), cobrarán o mesmo importe excepto a hora extra pola viaxe.

2. Prima de retén:

Cando un traballador estea de retén entre as 22 e as 6 horas cobrará unha prima equivalente a 2 horas de salario/hora individual. E de 3 horas, se o está entre as 6 e as 14, e entre as 14 e as 22.

Os traballadores que no estean de retén e sexan chamados para realizaren traballos non previstos e para repararen avarías fóra da súa xornada habitual cobrarán a parte proporcional da citada prima segundo o tempo de permanencia en fábrica.

3. Un productor menos na quenda:

Cando, por alguna causa, un productor de quenda no forno falte ó seu traballo, o resto dos operarios que suplan a súa actividade repartiranse entre eles a cantidade de 8.810 ptas. día.

4. Sacar electrodos:

Rotura normal parte superior: 3.448 ptas. para repartir entre os que interveñan.

Rotura excepcional inferior: 10.345 ptas. para repartir entre os que interveñan.

5. Cambio de coroas:

Unha ou dúas coroas de presión: 3.448 ptas. cada unha para repartir entre os que interveñan.

Máis de dúas coroas de presión: 5.177 ptas. cada unha para repartir entre os que interveñan.

6. Prima de cargador:

315 ptas. por día traballado neste posto.

7. Plus de teléfono:

396 ptas. día para o persoal de portería cando se quede co manexo da centraliña xeral, durante o horario do persoal de xornada.

8. Intervención sobre pico de coada, cuba, pantallas, faldróns e reparación piso planta de carga de fornos e demolición de silicio na depuración, estando o forno en marcha:

127 ptas. hora traballada nos ditos postos.

9. Intervención en columna de electrodos e carga por gravidade estando o forno parado:

127 ptas. hora traballada nos ditos postos.

10. Cambio de placas:

Unha ou dúas placas (con ou sen as súas coroas correspondentes): 6.897 ptas. cada unha para repartir entre os que interveñan.

Máis de dúas placas (con ou sen as súas coroas correspondentes): 10.345 ptas. cada unha para repartir entre os que interveñan.

11. Soldar camisa dentro do forno:

3.390 ptas. por columna de electrodos que se repartirán entre os que interveñan.

12. Reapertar torcas, pontes, cambiar pontes:

1.224 ptas. por columna de electrodos para repartir entre os que interveñan.

13. Reapertar tubo de chegada de corrente a placas:

2.431 ptas. por columna de electrodos para repartir entre os que interveñan.

14. Traballo de reparación de tellados:

127 ptas. hora traballada no dito posto.

15. Durante os 15 primeros días de parada dos fornos, o persoal que traballe na demolición deles, así como na cuba, picos, chemineas e faldróns:

127 ptas. hora traballada no dito posto.

Artigo 3º.10.-Horas extraordinarias.

Para determina-lo importe do cálculo das horas extraordinarias aplicarase a fórmula seguinte:

[(Sal. + Antg. + Esc.p. + PCI) x 7 + (N+T) x H.Efec. / 52 + 2P.extras / 52] / H.Efec. (horas efectivas de trabajo) / 52

Sendo,

Sal. = salario de cualificación diario.

Antg. = antigüidade diaria.

Esc.P. = escala de promoción, valor diario.

PCI = valor do PCI diario.

N. = valor da hora nocturna.

T. = valor da hora da prima de quenda.

2P.Ex. = pagas extras de xullo e decembro.

H.Efec. = horas efectivas de traballo ano.

52 = semanas ano.

Tódalas horas extraordinarias se pagarán cun incremento do 75% sobre este valor base.

Na nómina aparecerá á parte o valor do traballo nocturno e quenda correspondentes só ás horas normais, pois estes conceptos xa figuran en valor da hora extra.

Artigo 3º.11.-Horas en exceso.

Cando algún persoal de quenda termine o ano con horas traballadas de máis por motivos do axuste dos ciclos, aquelas seranlles aboadas como horas extras, e se se fixesen de menos polo mesmo motivo non se terán que recuperar.

Artigo 3º.12.-Traballos de superior categoría.

Cando un traballador desempeñe funcións de categoría superior pero non proceda legal ou convencionalmente o ascenso, o traballador terá dereito á diferencia retributiva na categoría asignada e a función que efectivamente realice.

Artigo 3º.13.-Revisión salarial 1997.

No caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 1997 un incremento con respecto ó 31 de decembro de 1996 superior ó 2,6% efectuarase unha revisión salarial consolidable de tódolos conceptos retributivos en función do exceso sobre a indicada cifra, con carácter retroactivo desde o primeiro de xaneiro de 1997.

Capítulo IV

Fondo de pensións

Artigo 4º.1.-Xubilación-Invalidez-Viuvez persoal en activo-Viuvez persoal en pasivo-Orfandade.

Tódolos traballadores do centro de traballo de Sabón, no momento da compra do dito centro por Ferroatlántica, S.L., tiñan garantida a cobertura social a través do Regulamento do Plan de Pensións formalizado na S.E. de Carburos Metálicos S.A., segundo acta da comisión promotora del, con data do 17-10-1990 e posta en marcha o día 31-12-1990, segundo establece o R.D. 1307/1988, con data 30-9 e Lei 8/1987, do 8-6, de regulación dos plans e fondos de pensións.

No momento da compra deste centro de traballo por Ferroatlántica, S.L., esta subrógase en todos estes dereitos e crea o Plan de Pensións de Ferroatlántica, S.L. que entra en vigor o 1 de decembro de 1992.

Tódolos traballadores de Ferroatlántica, S.L. da fábrica de Sabón que pertenzan ó Plan de Pensións de Ferroatlántica, S.L., teñen garantido a través del,

como mínimo, o cumprimento dos puntos que facían referencia á xubilación, viuvez, invalidez e orfandade no antigo fondo de previsión que estivo vixente ata o ano 1990, por pactos ou convenio.

Para garanti-los ditos acordos traspasaranse os dereitos consolidados dos traballadores ó novo Plan de Pensións de Ferroatlántica, S.L. nas condicións recollidas no regulamento do dito plan. Tamén fará unhas contribucións mensuais por partícipe, creando así un sistema de financiamento, as condicións do cal son as recollidas no Regulamento do Plan de Pensións no título terceiro e que abrangue os artigos 13, 14, 15 e 16.

Tódalas melloras en aportacións económicas ou outros conceptos que adicionalmente faga a empresa ó Plan de Pensións de Ferroatlántica, S.L. quedarán automaticamente incorporados a este convenio.

Todo aquel persoal da empresa que non adquirise o dereito de adhesión ó Plan de Pensións de Ferroatlántica, S.L., segundo o establecido no seu regulamento, terá a mesma cobertura social indicada no enunciado deste artigo a través dunha póliza de seguros colectiva, sendo o custo da prima correspondente a cargo da empresa.

A dita póliza terá que cubrir tamén nos mesmos supostos do parágrafo anterior os traballadores que, aínda pertencendo ó novo Plan de Pensións, non acumulasen no momento do feito causante suficiente capital para garanti-la pensión que lle correspondese no antigo fondo de previsión que tiñan os traballadores ata o ano 1990. Para determina-lo capital necesario para garantirlle a pensión que lle corrrespondese no antigo Fondo de Previsión usarán as mesmas fórmulas e bases que se utilizan para calcula-la pensión de invalidez e que veñen marcadas no art. 28 do Regulamento do fondo e no artigo 5.1º deste convenio.

Capítulo V

Acción social

Artigo 5º.1.-Invalidez provisional ou incapacidade temporal.

O traballador afecto de invalidez provisional ou incapacidade temporal, mentres permaneza en tal situación e para os efectos de invalidez permanente absoluta, percibirá o mesmo complemento que se fixara para a xubilación. O complemento anual calcularase por aplicación das seguintes porcentaxes, sobre a base reguladora de cada traballador en función dos anos de servicio na empresa.

Con menos de 12 anos completos de servicio: 25%.

Con 12 anos completos ou máis, ata 21 anos completos de servicio: 40%.

Con 22 anos completos ou máis, ata 31 anos completos de servicio: 50%.

Con máis de 31 anos completos de servicio: 55%.

A base reguladora será, para cada traballador, a diferencia entre o salario bruto percibido nos doce meses anteriores á data da invalidez, por xornada normal de traballo, e o importe da prestación que lle corresponda percibir da Seguridade Social.

En ningún caso o complemento da empresa podrá supera-lo 25% da prestación que lle corresponda da Seguridade Social. Exceptuando para asegura-lo 60% do salario bruto percibido polo traballador nos 12 meses anteriores á data da invalidez.

No caso de invalidez permanente total, esta percepción queda suxeita a que a empresa no lle ofreza un posto de traballo acorde coa súa capacidade.

Durante a invalidez ou incapacidad temporal a empresa seguirá achegando polo traballador ó Fondo de Pensións, tal como o marca o Regulamento do Plan de Pensións de Ferroatlántica, S.L., utilizándose como salario regulador o mesmo que tería o traballador en activo.

Artigo 5º.2.-Invalidez.

Toda aquela persoa que cause baixa na empresa por invalidez permanente antes dos 18 meses de prestacións por incapacidad temporal, percibirá unha cantidade compensatoria pola perda do poder adquisitivo que puidese producirse.

Artigo 5º.3.-Axudas especiais.

Os traballadores en activo ou pasivo que teñan ó seu cargo fillos, calquera que sexa a súa natureza legal de afiliación, ou outros descendentes ou irmáns seus ou do seu cónxuxe ó seu cargo, que teñan a condición de diminuído físico ou psíquico, imposibilitados para o traballo, percibirán 24.379 ptas. mensuais por doce meses por cada causante máis 18.284 ptas. mensuais por doce meses no caso de estar escolarizado.

Entenderase por minusvalidez física a imposibilidade de valerse por si mesmo para realiza-las funcións elementais da vida e por psíquica aquela que fose declarada e recoñecida como tal pola Seguridade Social, aboándose aínda percibindo a subvención legal que estea establecida. Por contra, non procederá o seu aboamento cando o causante perciba pensión da Seguridade Social.

Artigo 5º.4.-Premio de vinculación.

Establécese un premio de vinculación á empresa, en función dos anos de servicio prestados a ela, conforme a seguinte escala:

Escala 1ª. Ós 20 anos de servicio continuado, unha mensualidad do seu salario real bruto.

Escala 2ª. Ós 31 anos de servicio continuado, dúas mensualidades e media do seu salario real bruto.

No caso de xubilación, cobrarán este premio aqueles traballadores que no momento de xubilarse teñan 19 anos para a primeira escala e 30 anos ou máis de servicio continuado para a segunda, se non as cobrasen.

Para o ano 1998 a escala segunda será de 30 anos.

Enténdese por salario real bruto anual a suma de tódolos conceptos que forman parte do salario regulador do fondo de pensións.

Artigo 5º.5.-Premio de xubilación.

Ó xubilarse o traballador ou en caso de que pase a invalidez, percibirá unha cantidade equivalente a 13.154 ptas. por cada ano de servicio activo e continuado na empresa, sempre que a dita xubilación se realice ó cumpri-los 65 anos de idade, ou antes desa idade.

No caso de ser superior, cobrará unha mensualidade por cada quinquenio ata un máximo de 5 mensualidades do seu salario bruto.

Artigo 5º.6.-Indemnización por defunción.

No caso de falecemento dun traballador, xa sexa por causas naturais ou accidente dentro ou fóra das horas de traballo, os seus habentes dereito percibirán unha cantidade de 1.950.317 ptas. máis 487.579 ptas. por cada fillo que estea ó seu cargo.

Para os traballadores que pasen á situación de invalidez a dita cobertura manteráselles durante os seguintes períodos:

a) Traballadores a partir de 55 anos ata a idade de 60 anos, ou como mínimo durante o primeiro ano de invalidez.

b) traballadores, menores de 55 anos, terán dereito á dita cobertura durante o primeiro ano de ter pasado á situación de invalidez.

Os traballadores poderán designar por escrito o beneficiario da dita cantidade; no caso de non facelo, entregaráselles ós seus habentes-dereito.

Artigo 5º.7.- Anticipo de nómina.

O traballador terá dereito a percibir como anticipo de nómina unha mensualidade do seu salario.

Artigo 5º.8.-Axudas de custo.

As axudas de custo terán un valor de 3.263 ptas. por día cando se realicen en viaxe as dúas comidas principais, e de 1.667 ptas. por día cando se faga en viaxe unha das dúas comidas principais.

Artigo 5º.9.-Comidas a cargo da empresa.

Cando un ou varios operarios de fábrica teñan que efectuar unha comida ou cea por conta da empresa, por razóns de traballo requirido por ela, establécese unha cantidade de 1.776 ptas.

O horario a partir do cal o traballador ten dereito a esta cantidade é o seguinte:

-No seu su horario normal de lunes a viernes, cando sexa requirido para realizar un traballo na súa hora de comida, 13 horas 15 minutos, e termine despois das 14 horas, ou se se prolonga a súa xornada de traballo despois das 17 horas 15 minutos, terminando despois das 22 horas.

-Tamén lle corresponderá se é chamado á súa casa para realizar un traballo e termina despois das 14 horas ou despois das 22 horas.

No primeiro dos casos a chamada ten que ser antes das 15 horas e no segundo a chamada ten que ser antes das 23 horas.

Esta cantidade por comida concederase tanto se se come no comedor de fábrica, nun restaurante ou na súa casa. En tódolos casos, considerarase o transporte por conta da empresa.

En ningún caso se aboará hora extraordinaria ningunha polo tempo de comida.

Esta cantidade actualizarase automaticamente na mesma porcentaxe que o aumento salarial.

Artigo 5º.10.-Baixa por enfermidade ou accidente.

Por accidente:

A empresa completará ata o 100% do salario total habitual desde o primeiro día do accidente.

Por enfermidade:

A empresa completará ata o 100% do salario total habitual desde o primeiro día da baixa por enfermidade.

Sen que estea no ánimo da empresa o feito de restrinxi-lo pagamento deste complemento, e si o de perseguir ata onde sexa posible a fraude, perderase o dereito a percibilo cando se produzan algunas das seguintes circunstancias:

-Non te-la empresa puntualmente informada dos partes de baixa e alta, así como os partes de confirmación semanais, que salvo casos especiais deberán ser entregados persoalmente.

-Non presentarse sen causa justificada ós controis tanto no domicilio como no botiquín, que o servicio médico solicite realizar para segui-la evolución da enfermidade.

-Desatende-las prescricións médicas e tratamentos durante o período da baixa, incluídas as recomendacións do médico de empresa.

-Cando dos controis e inspeccións realizados polo médico de empresa, dos cales será previamente informado o comité de empresa, resulte demostrado de maneira evidente e non só a criterio do médico, que o traballador non se encontra impedido para o cumprimento dos deberes laborais.

-No caso de discrepancia entre os distintos informes médicos con relación á continuidade da baixa, resolverá a inspección médica e se do dictame desta se desprendese que a baixa era improcedente, perderase o complemento desde o momento no que se

inicie o trámite da inspección médica da Seguridade Social.

Artigo 5º.11.-Prazas de prácticas.

Acórdase que para as prazas de práctica que se veñen realizando na empresa para universitarios e formación profesional, terán preferencia os fillos dos traballadores deste centro de traballo.

Artigo 5º.12.-Comedor social.

Ferroatlántica, S.L. mantén un comedor social que é para uso dos seus traballadores, correndo a empresa cos seus gastos xerais (propano, auga, electricidade, reposición de vaixela, reparación de avarías e mantemento del, etc.) e participando nos gastos de comida nun 80%, sendo o 20% restante a cargo do traballador.

Artigo 5º.13.-Comité de empresa.

A empresa achegaralle ó comité de empresa para os seus gastos a cantidade de 80.163 ptas. mensuais entregándose durante o primeiro semestre a totalidade correspondente ó ano.

Así mesmo, a empresa achegará para os gastos do Comité de Seguridade e Saúde Laboral a cantidade de 26.753 ptas. mensuais. A dita cantidad percibiraa o comité de empresa, que se fará cargo dos gastos do Comité de Seguridade e Saúde Laboral.

O comité de empresa poderá acumula-las horas dos distintos membros entre si, para o mellor funcionamiento del.

O comité de empresa disporá dun local concedido pola empresa para ser utilizado en actuacións propias do seu cometido.

Artigo 5º.14.-Incrementos salariais.

As táboas salariais e os demais conceptos establecidos neste convenio para 1997 incrementaranse na porcentaxe en que o IPC real do dito ano supere o 2,6%.

No mes de xaneiro de 1998 e 1999, tódolos conceptos salariais subirán de forma consolidable a porcentaxe de IPC prevista polo Goberno máis 1%. Asinaranse as novas táboas cos novos salarios, así como as novas cantidades dos demais conceptos retributivos e xuntarase a este convenio .

Unha vez coñecido o IPC real de 1998 e 1999 farase unha revisión salarial consolidable de tódolos conceptos retributivos en función do exceso sobre a suba xa efectuada con carácter retroactivo a xaneiro de 1998 e 1999.

A empresaO comité de empresa

RubricadoRubricado

Salario profesional a partir do 1-1-1997

Salario de cualificaciónPCIPCIPrima

CategoríaFunción1º escala2º escala3º escala1º escala2º e 3º

escala

de quenda

DíaMesDíaMesDíaMesDíaMesDíaMes

Obreiros
EspecialistaAlmacén4.541136.2435.758172.7475.840175.19330.31342.508
EspecialistaM. primas, P. Ter. anexos4.541136.2435.910177.3045.992179.75030.31342.508
EspecialistaCoador4.579137.3826.037181.1106.122183.64130.31342.50886917.395
EspecialistaCargador4.618138.5626.093182.7636.167185.04030.31342.50886917.395
EspecialistaPalista4.618138.5626.013180.4126.090182.68830.31342.50865313.046
Oficial 3ªOfic. 3ª mantemento4.709141.2616.110183.3096.190185.71130.31342.508
Oficial 2ªOfic. 2ª mantemento4.943148.3016.362190.8526.449193.46830.31342.508
Oficial 1ªOfic. 1ª mantemento5.186155.5986.636199.0796.736202.07330.31342.508
Xefe equipoJ. Eq. mantemento5.636169.0907.153214.5847.258217.74830.31342.508
Xefe equipoX. Eq. P. Ter. e anexos5.299158.9706.771203.1486.865205.93430.31342.508
Xefe equipoX. Eq. horno5.299158.9706.850205.5006.943208.28430.31342.50886917.395

Subalternos
ChoferChofer147.338185.086187.68030.31342.508
PorteiroPorteiro-basculero138.526175.414177.83230.31342.50865313.046

P.C.I. 1º escala: a prima fixa de carencia de incentivos 1ª escala cóbraa o persoal que ten o salario base da 1ª escala. Cóbrase nas 14 pagas do ano.

P.C.I. 2º y 3º escala: a prima fixa de carencia de incentivos 2º e 3º escala cóbraa o persoal que ten o salario base da 2ª e 3ª escala. Cóbrase nas 14 pagas do ano.

Prima de quenda: os traballadores que traballen a quenda percibirán esta prima por mes na contía e postos que figuran no cadro. Cóbrase nas 12 pagas do ano.

Prima de domingo: o persoal que traballe en domingo ou festivo e os días 24 e 31 de decembro, en caso de non ser domingo ou festivo cobrará 535 ptas. por hora.

Antigüidade: percibirase un 1% do salario mínimo de cada categoría por cada ano de antigüidade na empresa. Cóbrase nas 14 pagas do ano.

Escala de promoción: percibiranse 2.771 ptas. mes por cada escala. Cóbrase nas 14 pagas do ano.

Prima cargador: percibiranse 315 ptas. día. Cóbrase nas 14 pagas do ano.

Plus teléfono: percibiranse 396 ptas. día. Cóbrase nas 14 pagas do ano.

Escala de soldos mensuais a partir do 1-1-1997

Empregados

MínimoMáximo

Auxiliar125.316165.616

Oficial 2ª administrativo148.152196.518

Analista 2ª153.527204.576

Delineante 2ª158.901211.294

Oficial 1ª administrativo170.990227.417

Analista 1ª176.362235.478

Delineante 1ª181.740242.196

Axudante técnico sanitario181.740242.196

Encargado191.976256.463

Delineante proxectista202.720271.240

Encargado forno204.064272.585

Contramestre e adxunto214.816287.362

2604