Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.288

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución conxunta do 28 de febreiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que ordena a publicación do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT, CSI-CSIF e SATSE, esta última central en condición de adherida, sobre vinculacións temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde.

Advertidos certos erros na citada resolución, publicada no DOG nº 47, do 10 de marzo de 1997, é necesario efectua-las oportunas modificacións:

Primeira.-Na páxina 2.138, no apartado III referente á experiencia profesional do baremo de odontólogos, onde di: «A puntuación máxima neste apartado será de 18 puntos.

1) Por cada mes completo de servicios prestados como odontólogo ou estomatólogo en institucións

sanitarias xestionadas polo Sergas ou dependentes do Servicio Nacional de Saúde: 0,08 puntos.

2) Por cada mes completo de servicios prestados como odontólogo ou estomatólogo noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da Unión Europea: 0,02 puntos.

3) Pola permanencia na lista especial (suposto 7 do pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivera virtualidade e sempre que se prestasen servicios continuados por mor del: 2 puntos por cada pacto.», debe dicir: «A puntuación máxima neste apartado será de 18 puntos.

1) Por cada mes completo de servicios prestados como odontólogo ou estomatólogo en institucións sanitarias xestionadas polo Sergas ou dependentes do Servicio Nacional de Saúde: 0,25 puntos.

2) Por cada mes completo de servicios prestados como odontólogo ou estomatólogo noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da Unión Europea: 0,10 puntos.

3) Pola permanencia na lista especial (suposto 7 do pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivera virtualidade e sempre que se prestasen servicios continuados por mor del: 2 puntos por cada pacto.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse con aportación de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do facultativo; así, e igualmente, aportarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como facultativo.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da U.E. acreditaranse por medio da certificación oficial expedida polo órgano que proceda do país en cuestión e, de ser necesario, esixirase a súa homologación por parte da oficina diplomática española do país de que se trate.»

Segunda.-Nas páxinas 2.140, 2.141, 2.143 e 2.144, no derradeiro parágrafo do apartado referente á experiencia profesional, onde di: «Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da U.E. acreditaranse por medio de certificación expedida ou homologada pola oficina diplomática española do país de que se trate.», debe dicir: «Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da U.E. acreditaranse por medio da certificación oficial expedida polo órgano que proceda do país en cuestión e, de ser necesario, esixirase a súa homologación por parte da oficina diplomática española do país de que se trate.»

1799