Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.299

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1997 pola que se convoca unha xornada de estudio sobre os procesos ante o Tribunal Constitucional: aspectos prácticos.

A Escola Galega de Administración Pública organiza unha Xornada de estudio sobre os procesos ante o Tribunal Constitucional: aspectos prácticos, conforme as seguintes bases:

1.-Obxectivos.

Ofrecer unha visión dos distintos procedementos constitucionais desde unha perspectiva eminentemente práctica.

Ó longo de catro sesións analizarase cada un dos principais procesos constitucionais (recurso e cuestión de inconstitucionalidade, conflictos competenciais e recurso de amparo), prestando especial atención ás dificultades coas que habitualmente tropezan as demandas e recursos interpostos ante o Tribunal Constitucional. Cuestións tales como os prazos para incoar procesos constitucionais, a definición do obxecto dos recursos, os problemas da lexitimación, a práctica seguida en materia de suspensión, etc., analizaranse a partir da doutrina establecida polo Tribunal Constitucional desde os seus inicios ata a actualidade, co obxecto de incidir moi especialmente naquelas liñas que aínda non se perfilaron de xeito definitivo e que son obxecto, no día de hoxe, de certas inflexións.

2.-Contido.

Examinaranse estas cuestións:

-O recurso de inconstitucionalidade.

-Os conflictos constitucionais de competencias.

-A cuestión de inconstitucionalidade.

-O recurso de amparo.

3.-Destinatarios.

Asesores xurídicos, persoal dos servicios xurídicos da Xunta de Galicia e da Administración local galega e interesados en xeral.

4.-Lugar e data.

A xornada convocada terá lugar no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

A repetida actividade abrirase o xoves, día 24 de abril, ás 9.30 horas, e rematará, ás 20 horas do mesmo día.

5.-Inscrición.

-Prazo: remata o martes, día 22 de abril de 1997.

-Lugar de presentación: no rexistro xeral da EGAP (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15703 Santiago de Compostela). Tfno. 57 08 00. Telefax nº 57 15 40.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.

As peticións de admisión poderanse enviar por correo ordinario ou por telefax ó número consignado.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono de

10.30 a 14.oras, ó seguinte número: (981) 57 08 00 (Ext. 229).

6.-Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate desta xornada a aqueles asistentes que concorresen asiduamente á mesma, e expresarase neste documento a natureza da actividade e a data da súa realización.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

2712