Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 09 de abril de 1997 Páx. 3.300

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 1997 pola que se anuncia a celebración da xornada sobre o Estatuto de autonomía de Galicia.

A EGAP, no seu afán de promocionar e divulgar estudios e investigacións sobre a nosa norma institucional básica, vén organizando unhas xornadas cada ano con motivo do aniversario da promulgación do Estatuto.

En execución do seu plan de formación para 1997, anuncia a celebración da xornada sobre o Estatuto de autonomía de Galicia que se celebrará conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

O estudio e debate de asuntos relacionados co desenvolvemento do Estatuto de autonomía de Galicia.

Segunda.-Destinatarios.

Funcionarios das administracións públicas, profesionais do dereito e da ciencia política, estudiantes universitarios e interesados en xeral.

Terceira.-Lugar e data.

A xornada terá lugar na sede da EGAP en Santiago de Compostela o 21 de abril.

Cuarta.-Horarios.

A partir das 9.30 h, en sesións de mañá e tarde.

Quinta.-Prazas.

Limitadas á capacidade do local.

Sexta.-Contido.

Versará, entre outros temas, sobre: a institucionalización da autonomía de Galicia: desenvolvemento estatutario e producción lexislativa. Presente e futuro do desenvolvemento estatutario. Competencias executivas autonómicas e supervisión estatal. Desenvolvemento estatutario en Andalucía, Cataluña e País Vasco.

Sétima.-Inscrición.

-Lugar de presentación de solicitudes: rexistro xeral da EGAP. Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela. Tel. 57 08 00. Fax. 57 15 40. As solicitudes poderanse enviar por correo ou fax ó número indicado.

-Forma: segundo modelo oficial que figura ó final desta convocatoria.

-Prazo: remata o 18 de abril. Unha vez rematado o prazo e no caso de existiren prazas vacantes, admitiranse as peticións que cumpran os requisitos xerais da convocatoria.

Oitava.-Publicación e notificación da selección.

A partir do 18 de abril os solicitantes poderán obte-la confirmación da súa selección chamando por Telf. en días laborais de 12 a 14.30 h, ó número (981) 57 08 00 (Ext. 256) ou ben consultando a lista de seleccionados que se exporá no taboleiro de anuncios da EGAP.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

2455