De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 19 de abril de 1996 (BOE do 22 de maio), para a provisión da praza número 96/022, de profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, departamento de Psicoloxía Evolutiva e da educación desta universidade, a favor de Silvia López Larrosa, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Silvia López Larrosa profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación desta universidade.
A Coruña, 21 de marzo de 1997.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
2175