Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.177

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Blanco Munín, S.L., cafetería do persoal da cidade sanitaria Juan Canalejo.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Blanco Munín, S.L., cafetería do persoal da cidade sanitaria Juan Canalejo que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-3-1997, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social, polos delegados de persoal o día 28-2-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de marzo de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Táboas salarios do ano 1997 para o persoal da empresa Blanco Munín, S.L.

Asistentes:

-Pola parte social:

José M. Álvarez Rodríguez.

-Pola parte empresarial:

Orlando Blanco Armada

Na Coruña, o 28 de febreiro de 1997, sendo as 10 horas, nos locais da empresa reúnense, dunha parte, a representación empresarial de Blanco Munín, S.L., e doutra, a representación social da devandita empresa, á marxe citadas. Os reunidos constatan os seguintes extremos.

Primeiro.-Que de acordo co contido do artigo 5 do convenio colectivo correspondente ó ano 1995 e ó non ter feito uso, tanto a parte social como a empresarial, da facultade que lle outorga o artigo 6 do respectivo convenio colectivo mencionado anteriormente sobre a denuncia deste, debéndose entón prorrogarse pola tácita e tódolos conceptos económicos se incrementarán no IPC establecido polo INE.

Segundo.-Que o IPC (índice de prezos ó consumo) constatado e publicado polo INE (Instituto Nacional de Estatística) polo período comprendido desde o 1 de xaneiro de 1996 ó 31 de decembro de 1996, é o 3,2%.

Terceiro.-Que as táboas sobre as que hai que aplica-lo incremento do 3,2 son as do ano 1996, as cales se encontran publicadas no BOP, do 17 de xuño de 1996.

En relación con todo o anterior as partes acordan:

1º) Incrementa-las táboas salariais correspondentes a 1996 nun 3,2%. As ditas táboas son as que figuran como anexo a esta acta.

2º) O dito incremento aplicarase desde o 1 de xaneiro de 1997. Os atrasos dos meses de xaneiro e febreiro aboaranse antes do 30 de marzo de 1997.

E sen máis asuntos que tratar, asínase de conformidade a presente acta, no día e lugar expresados no encabezamento.

Táboa de salarios do ano 1997 do persoal da empresa Munín, SL.

De acordo co contido no artigo 5 do convenio colectivo correspondente ó ano 1995 e ó non ter feito uso, tanto a parte social como a parte económica, da facultade que lles confire o artigo 6 do respectivo convenio colectivo mencionado anteriormente, sobre a denuncia deste, ámbalas partes, de acordo co anteriormente dito, acordan incrementa-las táboas de salarios correspondentes ó exercicio de 1996, nun 3,2% para 1997, que se corresponde co IPC (índice de prezos ó consumo) constatado e publicado polo INE (Instituto Nacional de Estatística) polo período comprendido desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1996.

O dito incremento aplicarase a partir do 1 de xaneiro de 1997, e facultarase a empresa para que os atrasos correspondentes a xaneiro e febreiro de 1997 sexan aboados antes do 31 de marzo de 1997.

Táboa salarial 1997

CategoríaSalario base

mensual

Plus de

cantidade

de Tr. Men.

Transp.

mensual

Total

mensual

Total anual

Xerente121.64610.4806.289138.4152.025.918
Of. administrativo104.11010.4806.289120.8791.762.878
Encargado104.11010.4806.289120.8791.762.878
Cociñeiro104.11010.4806.289120.8791.762.878
Camareiro104.11010.4806.289120.8791.762.878
Axudante100.36510.4806.289117.1341.706.703
Fregador100.36510.4806.289117.1341.706.703

Aprendices: o salario dos aprendices será o fixado no R.D. 2317/1993 e na Lei 10/1994.

Pola parte socialPola parte económica

Os representantes dos traballadores

Obdulia Rozadas SánchezOrlando Blanco Armada

José Manuel Álvarez Rodríguez

2228