Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.179

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 29 de xaneiro de 1997 pola que se convoca o V Certame Galego de Poesía e Narración Xuventude 97 Francisco Fernández del Riego para Novos Autores.

O Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura, especifica no seu anexo I.B.3.h que aquela asume as competencias de promoción e organización de actividades de animación sociocultural no ámbito artístico, artesanal, turístico e de aire libre, dirixidas ós sectores da xuventude, infancia, terceira idade e sectores marxinados.

Neste marco competencial, o ámbito cultural e artístico no que respecta á xuventude é compartido conxuntamente polas consellerías de Familia, Muller e Xuventude, que a través da Dirección Xeral de Xuventude desenvolve o programa Fomento da Actividade Xuvenil, que ten entre os seus obxectivos básicos promociona-la actividade cultural e artística entre a nosa xuventude, e a Consellería de Cultura e Comunicación Social, a través da súa Dirección Xeral de Promoción Cultural, que ten, entre outras funcións a de colaborar no desenvolvemento do teatro, a danza, as artes líricas e a imaxe, así como a promoción das artes plásticas e populares, de acordo co Decreto 2/1994, do 13 de xaneiro, e o Decreto 256/1996, do 20 de xuño, polos que, respectivamente, se establece a estructura orgánica de cada unha das ditas consellerías.

Polo exposto, a Consellería de Familia, Muller e Xuventude, consciente da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a actividade e inquedanzas artísticas individuais e colectivas da xuventude galega, e contando coa colaboración da Consellería de Cultura e Comunicación Social, dada a natureza das actividades que se van realizar, convoca unha serie de certames, concursos e mostras que abranguen un amplo abano de manifestacións de carácter artístico e artesanal e que constitúen o programa Certames e Mostras Xuventude 97.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude convoca o V Certame Galego de Poesía e Narración Xuventude 97 Francisco Fernández del Riego para Novos Autores, segundo as bases que se establecen no anexo I desta orde, onde se regulan os aspectos relativos á participación, condicións xerais que van rexer na respectiva convocatoria, inscricións, desenvolvemento, premios e xurado.

Artigo 2º

As actividades que impliquen o desenvolvemento deste certame serán custeadas con cargo á partida orzamentaria 14.03.355B.640.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997.

Disposicións derradeiras

Primera.-Facúltase o director xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1997.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO I

V Certame Galego de Poesía e Narración

Xuventude 97 Francisco Fernández del Riego

para Novos Autores

I. Bases.

1. Poden participa-los rapaces e mozos galegos ou residentes en Galicia, dos 10 ós 30 anos, que non teñan publicado ningún libro, establecéndose as seguintes categorías de idade:

Categoría A: dos 10 ata os 13 anos.

Categoría B: dos 14 ós 17 anos.

Categoría C: dos 18 ós 30 anos.

Tódalas idades considéranse cumpridas o 31-12-1997.

2. Establécense dúas modalidades:

-Poesía para as tres categorías.

-Narración para as tres categorías.

3. Os concursantes deberán formula-la súa solicitude no impreso normalizado que se indica no anexo II e remitirán os seus traballos sen asinar datos persoais, identificándoos cun lema. O lema repetirase no exterior dun sobre pechado dentro do cal figurarán o boletín de inscrición que se indica no anexo III, cos datos persoais do concursante, xunto cunha fotocopia do seu DNI por ámbolos dous lados, ou fotocopia do libro de familia na folla que corresponde ó participante.

4. Os participantes remitiranlle os orixinais e o sobre pechado ó Servicio de Xuventude da Delegación da Consellería de Familia, Muller e Xuventude da provincia na que teñan establecida a súa residencia habitual, ou na que radique o colexio, instituto ou asociación xuvenil no caso de grupos, podendo ser a: r/ Ronda de Fingoi, s/n, 27002 Lugo; Avda. da Habana, 81-baixo, 32004 Ourense; r/ Durán Loriga, 9-1º, 15003 A Coruña; r/ Mª Berdiales, 20-entresollado 36203 Vigo.

Indicando no sobre «para o Certame Francisco Fernández del Riego», ata o 31 de maio de 1997.

II. Desenvolvemento.

O certame obxecto da presente convocatoria desenvolverase a través da delegación provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de Lugo coa colaboración da delegación provincial da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

De entre tódolos traballos presentados en cada provincia o xurado procederá a seleccionar aqueles que pola súa calidade consideren merecentes.

No mes de setembro de 1997 na cidade de Lugo, procederase por parte do xurado deste certame ó nomeamento e entrega de premios ós finalistas nas distintas categorías que se establecen nas bases.

III. Premios.

Poesía.

1. Poemas escritos en lingua galega de tema e metro libre, cunha extensión máxima de 150 versos.

2. Establécense os premios seguintes:

-Categoría A:

1º. 25.000 ptas., figura de Sargadelos, un lote de libros galegos e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, na campaña Verán-98.

2º. Lote de libros galegos e figura de Sargadelos.

3º. Lote de libros galegos e figura de Sargadelos.

-Categoría B:

1º. 50.000 ptas., figura de Sargadelos, un lote de libros galegos e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos ou campos de traballo organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, dentro da campaña Verán-98.

2º. Lote de libros galegos e figura de Sargadelos.

3º. Lote de libros galegos e figura de Sargadelos.

-Categoría C:

1º. 75.000 ptas., figura de Sargadelos, un lote de libros galegos e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos ou campos de traballo organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, dentro da campaña Verán-98.

2º. 50.000 ptas., lote de libros galegos e figura de Sargadelos.

3º. 25.000 ptas., lote de libros galegos e figura de Sargadelos.

Narración.

1. Relatos en galego de tema libre, cunha extensión máxima de 5 folios Din A4 mecanografados.

2. Establécense os premios seguintes:

-Categoría A:

1º. 25.000 ptas., figura de Sargadelos, un lote de libros galegos e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, dentro da campaña Verán-98.

2º. Lote de libros galegos e figura de Sargadelos.

3º. Lote de libros galegos e figura de Sargadelos.

-Categoría B:

1º. 50.000 ptas., figura de Sargadelos, un lote de libros galegos e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos ou campos de traballo organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, dentro da campaña Verán-98.

2º. Lote de libros galegos e figura de Sargadelos.

3º. Lote de libros galegos e figura de Sargadelos.

-Categoría C:

1º 75.000 ptas., figura de Sargadelos, un lote de libros galegos e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos ou campos de traballo organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, dentro da campaña Verán-98.

2º 50.000 ptas., figura de Sargadelos e lote de libros galegos.

3º 25.000 ptas., figura de Sargadelos e lote de libros galegos.

Así mesmo, farase entrega a cada un dos participantes nas distintas categorías e modalidades, dun diploma que acredite a súa participación neste certame.

IV. Xurado.

O xurado será nomeado polo director xeral de Xuventude e polo director xeral de Promoción Cultural por proposta dos delegados provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude e da Consellería de Cultura e Comunicación Social de Lugo, recaendo a secretaría nun funcionario da Delegación Provincial de Familia, Muller e Xuventude de Lugo.

A xuízo do xurado, e segundo a calidade das obras presentadas, poderanse deixar desertos algúns premios.

As contías dos premios serán únicas e indivisibles.

A decisión do xurado será inapelable.

2226