Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 07 de abril de 1997 Páx. 3.177

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, dos descansos retribuídos para o ano 1997, do sector de mármores e pedras.

Vista a adaptación da xornada de traballo, co establecemento dos descansos retribuídos para o ano 1997, levada a cabo pola comisión deliberadora do convenio colectivo para o sector de mármores e pedras, da provincia de Pontevedra, con data 26-2-1997. Ó abeiro do establecido no artigo 90, 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo depósito da documentación presentada no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispoñe-la publicación da documentación presentada, no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento das partes afectadas, e por tratarse de materia concernente o convenio colectivo de traballo.

Vigo, 18 de marzo de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de mármores e pedras da provincia de Pontevedra

Asistentes:

-Pola representación empresarial.

Francisco Elvira Román. Ramilo, S.A.

Ana Alonso Costas. Alonso Vila, S.L.

Francisco Javier Blanco Sío. M. Blanco, S.L.

Jesús Maraña Goldar. Graninter.

-Pola representación social.

Ramón Carrera Molares. UXT.

Raimundo Lago Otero. UXT.

José Luis Paramá Sangiao. UXT.

Antonio González Rodríguez. UXT.

Benjamín Casal Abraldes. UXT.

Alberto Fernández Campo. CIG.

José A. Nieto Figueiras. CIG.

Marcos González Oliveira. CC.OO.

Amante Campos Lago. CC.OO.

Manuel Alonso Conde. CC.OO.

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, ás dezasete trinta horas do día vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e sete, reúnense a representación empresarial e a representación dos traballadores constituídas en comisión deliberadora do convenio colectivo de traballo do sector de mármores e pedras da provincia de Pontevedra, coa finalidade de establece-los días que terán a consideración de descando retribuído para adapta-la xornada do ano 1997 ó establecido no convenio colectivo.

Ámbalas partes acordan fixa-los seguintes días de descanso retribuído: 26 de marzo, 2 de maio, 24 de xullo, 14 de agosto, 31 de outubro, 24, 26 e 31 de decembro.

Nos municipios seguintes, ademais destes establécese o día 8 de setembro de descanso retribuído: Vigo, Baiona, Caldas de Reis, Vilagarcía, Mondariz e Silleda.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás dezaoito trinta horas do día arriba indicado.

2370