Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.099

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo acadado pola comisión paritaria do III Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia na súa reunión de data 11 de xuño de 1996 en relación coa inclusión de categorías no anexo II do convenio.

En cumprimento do disposto na normativa legal sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo R.D. 1040/1981, Art. 2.e), para os efectos nel previstos, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o 10 de marzo de 1997 a acta nº 2 do 11-7-1996 da comisión paritaria do III Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, así como unha certificación do seu secretario, na que se fai consta-lo acordo que reflicte a inclusión de categorías no anexo II do convenio.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO II

Na reunión da comisión paritaria do 11-7-1996 adoptouse o acordo que a seguir se relaciona sobre a inclusión de categorías no anexo II do III Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Grupo: II.

Categoría-número: 40.

Denominación: mestre especialista en educación infantil.

2271