Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.099

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no, Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio de limpeza de edificios e locais para o ano 1997.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo de limpeza de edificios e locais que tivo

entrada nesta delegación provincial o día 14-3-1997, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Limpeza de Edificios e Locais, e, da parte social, pola CIG e CC.OO. o día 13-3-1996, de conformidade co disposto noa rtigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de marzo de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña

Asistentes:

-Parte empresarial.

Arsenio Mezquiriz Andrade.

Ubaldo Pérez Rodríguez.

Ramón Salgado Fuentes.

-Parte Social.

CIG:

Xaime Figueroa Trigo.

Antonia Mosquera Otero.

Alfredo Santomil García (Sec. Actas).

Luis Soto Sabio.

CC.OO:

Victoria Pumar Carrón.

Dolores Vázquez Veiga.

Na Coruña, nos locais da Asociación de Empresarios de Limpeza de Edificios e Locais, sendo as 11 horas do día 13 de marzo de 1997, reúnense as persoas relacionadas, co obxecto de proceder á revisión das táboas salariais correspondentes ó ano 1997 do convenio colectivo provincial da Coruña do sector de limpeza de edificios e locais.

Revísanse os conceptos de salario base, plus de asistencia e plus de transporte do xeito que aparece recollido no anexo I.

Revísanse os importes das axudas de custo establecidas no artigo 26 do convenio, do seguinte xeito:

Establécese un importe mínimo para as axudas de custo establecidas no artigo 42 da ordenanza laboral de 5.277 pesetas, cando se teña que comer e pasa-la noite fóra da casa, de 3.166 pesetas, cando se realicen as dúas comidas principais fóra do domicilio, e de 1.781 pesetas cando se realice unha soa comida.

Establécese como salario mínimo de convenio, artigo 43 o de 1.405.546 pesetas brutas anuais, distribuídas en salario base, plus de asistencia, plus de transporte e pagas extras.

Sen máis asuntos que tratar dáse por rematada a reunión sendo as 13 horas do día do encabezamento, asinando esta acta tódolos asistentes.

ANEXO I

Táboa salarial 1997

-Administrativos:

Xefe de primeira128.2752.036.079

Xefe de segunda123.4821.964.193

Caixeiro120.5891.920.793

Oficial de primeira116.2471.855.662

Oficial de segunda103.8281.669.382

Auxiliar 95.1451.539.136

Telefonista 92.4801.499.153

Cobrador 92.4801.499.153

-Mandos intermedios:

Encargado xeral119.3931.902.848

Encargado de zona111.0321.777.435

Encargado de sector106.5391.710.042

-Subalternos:

Ordenanza 86.4681.408.983

Almaceneiro 84.8871.385.267

Mozo de recados 68.6821.142.197

Persoal de limpeza:

Encargado 3.0311.490.976

Responsable de equipo 2.8871.425.620

Especialista 3.2731.601.148

Conductor-limpador 3.4261.670.705

Peón especialista 2.9141.437.757

Peón 2.8431.405.546

Limpadora 2.8431.405.546

Plus de asistencia: 7.091 ptas. mensuais.

Plus de transporte: 2.239 ptas. mensuais.

97-2225