Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.100

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 6 de febreiro de 1997 pola que se convoca o XIII Concurso Galego de Banda Deseñada Xuventude 97.

O Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura, especifica no seu anexo I.B.3.h que aquela asume as competencias de promoción e organización de actividades de animación sociocultural no ámbito artístico, artesanal, turístico e de aire libre, dirixidas ós sectores da xuventude, infancia, terceira idade e sectores marxinados.

Neste marco competencial, o ámbito cultural e artístico no que respecta á xuventude, é compartido conxuntamente polas consellerías de Familia, Muller e Xuventude, que a través da Dirección Xeral de Xuventude desenvolve o programa Fomento da actividade xuvenil, que ten entre os seus obxectivos básicos promociona-la actividade cultural e artística entre a nosa xuventude, e a Consellería de Cultura e Comunicación Social, a través da súa Dirección Xeral de Promoción Cultural, que ten, entre outras funcións a de colaborar no desenvolvemento do teatro, a danza, as artes líricas e a imaxe, así como a promoción das artes plásticas e populares, de acordo co Decreto 2/1994, do 13 de xaneiro, e o Decreto 256/1996, do 20 de xuño, polos que, respectivamente, se establece a estructura orgánica de cada unha das ditas consellerías.

Polo exposto, a Consellería de Familia, Muller e Xuventude, consciente da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a actividade e inquedanza artística individual e colectiva da xuventude galega, e contando coa colaboración da Consellería de Cultura e Comunicación Social, dada a natureza das actividades que se van realizar, convoca unha serie de certames, concursos e mostras que abranguen un amplo abano de manifestacións de carácter artístico e artesanal e que constitúen o programa Certames e Mostras Xuventude 97.

Por todo isto,

DISPOÑO :

Artigo 1º

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude convoca o XIII Concurso Galego de Banda Deseñada Xuventude 97, segundo as bases que se establecen no anexo I desta orde, onde se regulan os aspectos relativos á participación, condicións xerais que van rexer na respectiva convocatoria, inscricións, desenvolvemento, premios e xurado.

Artigo 2º

O concurso obxecto da presente convocatoria levarase a cabo a traves das delegacións provinciais da

Consellería de Familia, Muller e Xuventude coa colaboración das delegacións provinciais da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Artigo 3º

As actividades que impliquen o desenvolvemento deste concurso serán custeadas con cargo á partida orzamentaria 14.03.355B.640.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997.

Disposicións derradeiras

Primera.-Facúltase o director xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1997.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO I

XIII Concurso de Banda Deseñada

Xuventude 97

I. Participantes.

Mozas e mozos galegos ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 14 e 30 anos, cumpridos no ano 1997, en grupo ou individualmente.

II. Condicións xerais.

1. A temática será libre, con textos en galego, que terán carácter de inéditos.

2. A técnica pode ser calquera, feita en branco e negro ou en cor.

3. O formato deberá ser DIN A-4 ou DIN A-3, e a súa extensión entre 2 e 6 páxinas inclusive.

4. Cada autor ou autores poderá presenta-las obras que desexe.

5. Cada obra deberá levar lema e título.

6. Xunto coas obras deberá entregarse un sobre pechado co lema/s escrito/s no seu exterior, figurando no seu interior o boletín de inscrición que se indica no anexo III cos datos do autor ou autores, fotocopia do/s DNI por ámbalas dúas caras ou da folla correspondente do libro de familia, e currículum.

7. A organización non se responsabiliza de posibles roturas ou extravíos das obras. A Dirección Xeral de Xuventude subscribirá unha póliza que asegure

as obras, de ata un máximo de 100.000 ptas. por obra.

8. A Dirección Xeral de Xuventude editará unha revista coas obras que sexan seleccionadas.

III. Inscricións.

As solicitudes deberán formularse no impreso normalizado que se indica no anexo II.

Os participantes deberán presenta-las obras xunto coa solicitude e o sobre prechado no Servicio de Xuventude da Delegación da Consellería de Familia, Muller e Xuventude da provincia na que os interesados residan habitualmente, que pode ser en: r/ Ronda de Fingoi, s/n, 27002 Lugo; Avda. A Habana, 81-baixo, 32004 Ourense; r/ Durán Loriga, 9-1º 15003 A Coruña; r/ Mª Berdiales 20-entresollado 36203 Vigo; antes do día 22 de agosto de 1997.

IV. Desenvolvemento.

-Fase provincial.

De entre tódolos traballos presentados en cada provincia o xurado procederá a seleccionar aqueles que pola súa calidade consideren merecentes de concorrer á seguinte fase.

-Fase autonómica.

O xurado seleccionará os mellores traballos, que serán expostos na Casa da Xuventude de Ourense no mes de outubro de 1997, premiando aqueles que pola súa calidade e orixinalidade consideren oportunos.

V. Premios.

Establécense os seguintes premios:

1º: 150.000 ptas.

2º: 100.000 ptas.

3º: 75.000 ptas.

4º: 50.000 ptas.

5º: 25.000 ptas.

Con motivo do ano internacional contra o racismo, créase un premio especial de 50.000 ptas.

Concederanse tamén seis accésit de 15.000 ptas., así como un diploma a tódolos participantes seleccionados na fase autonómica que acredite a súa participación neste concurso galego de banda deseñada.

VI. Xurado.

A xuízo do xurado, e segundo a calidade das obras, poderanse deixar desertos algúns premios.

As contías dos premios serán únicas e indivisibles.

O xurado da fase autonómica será nomeado polo director xeral de Xuventude e polo director xeral de Promoción Cultural, e estará formado por persoas cualificadas no campo artístico, recaendo a secretaría nun funcionario da Delegación Provincial de Familia, Muller e Xuventude de Ourense.

A decisión do xurado non se poderá impugnar.

2395