Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.104

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncian as vacantes para cubrir no concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres, convocado por Orde do 15 de outubro de 1996 (DOG do 4 de novembro).

Para lle dar cumprimento ó establecido na disposición trixésimo cuarta das normas comúns das convocatorias previstas na Orde do 15 de outubro

de 1996 (DOG do 4 de novembro), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Anuncia-las vacantes previstas na planificación escolar que serán cubertas no concurso de traslados que se cita e que figuran no anexo desta resolución.

Contra esta resolución cabe reclamación, no prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1997.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal

TÁBOA DE ESPECIALIDADES

21 LOXSE 1º ciclo ESO-Ciencias Sociais: Xeog. e Historia.

22 LOXSE 1º ciclo ESO-Ciencias da Natureza.

23 LOXSE 1º ciclo ESO-Matemáticas.

24 LOXSE 1º ciclo ESO-Lingua Castelá e Literatura.

25 LOXSE 1º ciclo ESO-Lingua Estranxeira: Inglés.

26 LOXSE 1º ciclo ESO-Lingua Estranxeira: Francés.

27 LOXSE 1º ciclo ESO-Educación Física.

28 LOXSE 1º ciclo ESO-Música.

31 LOXSE primaria-Educación Infantil.

32 LOXSE primaria-Idioma Estranxeiro: Inglés.

33 LOXSE primaria-Idioma Estranxeiro: Francés.

34 LOXSE primaria-Educación Física.

35 LOXSE primaria-Música.

36 LOXSE primaria-Ed. Especial: Pedagoxía Terapéutica.

37 LOXSE primaria-Ed. Especial: Audición e Linguaxe.

38 LOXSE primaria-Educación Primaria.

60 LOXSE 1º ciclo ESO-Ed. Especial: Pedagoxía Terapéutica.

61 LOXSE 1º ciclo ESO-Ed. Especial: Audición e Linguaxe.

67 LOXSE 1º ciclo ESO-Lingua Galega.

2529