Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.113

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 18 de marzo de 1997 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes que se citan (Ourense e catro máis).

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 13 de xaneiro de 1997 (BOE do 5 de febreiro), e de conformidade cos artigos

23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial.

Visto tamén o que dispón o artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, o decreto da Xunta de Galicia 13/1994, do 20 de xaneiro, 292/1996, do 26 de xullo, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes, esta consellería, para prove-las notarías vacantes radicadas no territorio desta Comunidade Autónoma, nomea a:

-Antonio López-Calderón Vázquez, notario de Ferrol, 1ª, para a notaría de Ourense.

-Mariano Vaqueiro Rumbao, notario de Cangas, 2ª, para a notaría de Vigo (Pontevedra).

-María de los Dolores Rodríguez Fernández, notaria de Ponts, 3ª, para a notaría de Cervo (Lugo).

-Palmira Delgado Martín, notaria de Peñafiel, 3ª, para a notaría de Vigo (Pontevedra).

-José María-Jesús Graiño Ordóñez, notario de Santa Comba, 3ª, para a notaría de Caldas de Reis (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1997.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

Director Xeral de Xustiza e Admón. Local

1527