Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.113

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., S. 2ª)

CÉDULA de notificación (5627/1996).

Isabel Freire Corzo, secretaria da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifico, que nos autos dos que se fará mención se dictou auto que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«A Coruña o vinteún de febreiro de mil novecentos noventa e sete. O presente recurso contencioso-administrativo, rexistrado co número 02/0005627/1996, interposto por José Pego Romero, contra resolución da Dirección Xeral de Tráfico, desestimatoria de recurso ordinario contra outra da Xefatura de Tráfico na Coruña, exp.

15-010113150-9 sobre. que o dito recorrente foi emprazado mediante publicación de edicto no BOP para que comparecese no termo de nove días co fin de designar representación procesual nos presentes autos, con apercibimento de que, de non o verificar no referido termo, procederíase ó arquivo do recurso. A sala acorda: o arquivo deste recurso contencioso-administrativo número 02/0005627/1996 interposto por José Pego Romero contra resolución da Dirección Xeral de Tráfico, desestimatoria de recurso ordinario contra outra da Xefatura de Tráfico na Coruña, expediente 15-010113150-9 sobre.

Notifíqueselle que a presente resolución non é firme por ser susceptible do recurso de súplica no prazo de cinco días».

E para que conste e sirva de notificación ó recorrente e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula na Coruña o vinteún de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

1608