Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.114

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

EDICTO (228/1996).

Óscar Méndez Fernández, secretario de primeira instancia e instrucción número dous de Corcubión e o seu partido xudicial, fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo de medidas provisionais número 228/1996, por instancia de Carmen García García, contra Juan Antonio Vecino Blanco e o Ministerio Fiscal, nos que, por resolución do día da data, se acordou cita-lo referido demandado, Juan Antonio Vecino Blanco, por edictos, para que o próximo día vintedous de abril de mil novecentos noventa e sete ás 11 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado para asistir á celebración da comparecencia sinalada; debe comparecer por medio de procurador e asistido igualmente de letrado, por extensión do artigo 1895, parágrafo 2º, dado que, se asiste persoalmente pero sen cumprir este requisito, non será dado por presente.

E para a súa inserción no BOP e para que sirva de citación en forma ó demandado, expídese o presente edicto en Corcubión o vintecinco de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

1416