Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 04 de abril de 1997 Páx. 3.096

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de marzo de 1997 pola que se aproba a reordenación dos polígonos de bateas denominados «A», «B», «C», «D», «E», «F» e «G», do distrito marítimo de Redondela na provincia de Pontevedra.

Os polígonos de bateas denominados «A», «B», «C», «D», «E», «F» e «G», situados no distrito marítimo de Redondela, foron creados por orde do Ministerio de Comercio de 14 de febreiro de 1974 (BOE de 28 de marzo).

O Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, transfírelle á Xunta de Galicia as competencias en materia de marisqueo e acuicultura con carácter de exclusivas, de acordo co artigo 27.15º do Estatuto de autonomía e o 148.1º 11. da Constitución. No exercicio destas competencias e no cumprimento do disposto no artigo 1 do Decreto 197/1986, do 12 de xuño, e o 3 do Regulamento para explotación de bateas situadas en zona marítima, aprobado polo Decreto 2559/1961, do 30 de novembro, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en virtude da Orde do 17 de outubro de 1986 (DOG nº 218), declara de interese marisqueiro e urxente execución a revisión e reordenación dos polígonos «A», «B», «C», «D», «E», «F» e «G» do distrito marítimo de Redondela.

En consecuencia, unha vez redactado o proxecto e o acordo de reordenación, tramitados conforme o procedemento establecido no Decreto 423/1993, do 17 de decembro (DOG nº 13 do 20 de xaneiro de 1994), e declarado firme o acordo de reordenación por resolución da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura de 4 de marzo de 1997, por proposta da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Quedan constituídos e delimitados os novos polígonos, «A», «B», «C», «D» e «E» do distrito marítimo de Redondela, que substitúen os antigos «A», «B», «C», «D», «E», «F» e «G» coa capacidade, situación e circunstancias que se indican no anexo desta orde.

Segundo.-As concesións administrativas de bateas existentes nos polígonos obxecto de reordenación

e pertencentes ós concesionarios recoñecidos nas bases de revisión mantéñense nas mesmas condicións das respectivas ordes de outorgamento, excepto no que se refire á cuadrícula ou punto de fondeo, que quedan anuladas pola presente orde e substituídas polas cuadrículas asignadas no acordo de reordenación.

Quedarán igualmente rectificadas as concesións no referente ás dimensións do artefacto, número de cordas e cultivo autorizado, que terán que axustarse ás determinacións do Decreto 406/1996, de 7 de novembro (DOG nº 228), e o prazo da concesión, que se limita a 30 anos, conforme a Lei 6/1993, do 11 de maio.

Terceiro.-Os concesionarios de bateas deberán traslada-los artefactos no prazo máximo de 3 meses, facendo efectiva a toma de posesión das novas cuadrículas. Transcorrido este prazo, a consellería incoará o correspondente expediente de caducidade por aplicación do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, ás concesións das bateas que non estean no punto asignado no acordo de reordenación.

Cuarto.-Os artefactos fondeados nos polígonos pertencentes a propietarios que non fosen recoñecidos como concesionarios nas bases de revisión e os de propietario descoñecido serán considerados clandestinos, procedendo á súa retirada, en aplicación dos artigos 42 e 44 do Decreto 423/1993, do 17 de decembro.

Quinto.-As peticións de concesión administrativa de bateas referentes a cuadrículas antes existentes nos polígonos obxecto de reordenación e que estean en tramitación no momento de entrar en vigor esta orde, quedan desestimadas en aplicación do artigo 5 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228).

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas tódalas disposicións de igual ou inferior categoría que se opoñan ó disposto na presente orde, no ámbito da Comunidad Autónoma de Galicia, especialmente a Orde de 14 de febreiro de 1974, no relativo ós polígonos «A», «B», «C», «D», «E», «F» e «G» do distrito marítimo de Redondela.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 1997.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO

Situación xeográfica dos vértices, segundo as coordenadas obtidas da carta nº 9240 da ría de Vigo, publicada polo Instituto Hidrográfico da Mariña.

Redondela «A».

LatitudeLonxitude

Vértice A42º 17' 04,89'' N08º 40' 48,76'' W

Vértice B42º 17' 22,31'' N08º 40' 28,93'' W

Vértice C42º 17' 24,16'' N08º 40' 18,09'' W

Vértice D42º 17' 02,80'' N08º 40' 18,20'' W

Vértice E42º 16' 48,13'' N08º 40' 48,06'' W

Vértice F42º 16' 56,70'' N08º 40' 52,16'' W

Vértice G42º 17' 00,00'' N08º 40' 49,09'' W

Consta de 80 puntos de fondeo ou cuadrículas, das que se ocupan 57 con bateas procedentes do antigo polígono «A».

Redondela «B».

LatitudeLonxitude

Vértice A42º 18' 06,17'' N08º 39' 10,10'' W

Vértice B42º 18' 07,09'' N08º 38' 45,90'' W

Vértice C42º 17' 44,22'' N08º 38' 26,50'' W

Vértice D42º 17' 25,92'' N08º 39' 28,52'' W

Vértice E42º 17' 52,35'' N08º 39' 04,98'' W

Consta de 88 puntos de fondeo ou cuadrículas, das que se ocupan 54 con bateas procedentes dos antigos polígonos «A», «B» e «G».

Redondela «C».

LatitudeLonxitude

Vértice A42º 17' 37,35'' N08º 38' 37,76'' W

Vértice B42º 17' 40,70'' N08º 38' 26,39'' W

Vértice C42º 17' 30,32'' N08º 38' 24,71'' W

Vértice D42º 17' 26,97'' N08º 38' 36,07'' W

Consta de 16 puntos de fondeo ou cuadrículas, das que se ocupan 15 con bateas procedentes do antigo polígono «C».

Redondela «D».

LatitudeLonxitude

Vértice A42º 17' 11,75'' N08º 39' 35,45'' W

Vértice B42º 17' 14,17'' N08º 39' 20,20'' W

Vértice C42º 17' 09,41'' N08º 39' 23,24'' W

Vértice D42º 17' 07,22'' N08º 39' 28,40'' W

Vértice E42º 17' 07,38'' N08º 39' 36,83'' W

Consta de 8 puntos de fondeo ou cuadrículas, das que se ocupan na súa totalidade con bateas procedentes dos antigos polígonos «A» e «D».

Redondela «E».

LatitudeLonxitude

Vértice A42º 16' 51,56'' N08º 40' 10,49'' W

Vértice B42º 17' 09,38'' N08º 39' 44,64'' W

Vértice C42º 16' 57,98'' N08º 39' 49,85'' W

Vértice D42º 16' 47,30'' N08º 40' 05,36'' W

Consta de 12 puntos de fondeo ou cuadrículas, das que se ocupan 5 con bateas procedentes do antigo polígono «E».

Oito bateas procedentes dos antigos polígonos «A», «D» e «E» de Redondela trasládanse ás vacantes do polígono reordenado «Vigo A».

Nove bateas procedentes dos antigos polígonos «A» e «D» de Redondela, trasládanse ás vacantes do polígono reordenado «Cangas E».

Cinco bateas procedentes do antigo polígono «A» de Redondela, trasládanse ás vacantes do polígono reordenado «Cangas D».

2219