Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 03 de abril de 1997 Páx. 3.064

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (293/1995).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen actuacións de xuízo de faltas co número 293/1995, nas que, con esta data, recaeu resolución do seguinte teor literal:

«Proposta de providencia. Villalpando Lucas.

En Santiago de Compostela, trinta e un de xaneiro de mil novecentos noventa e sete. Tense por presentado o anterior escrito por Carmen Casanova Goyanes, por Andrés Gómez Casanova e polo procurador García-Piccoli, en nome de J. Calzado Comisariado de Averías, S.A., xúntese ás actuacións de xuízo de faltas da súa razón, admítese a trámite o recurso de apelación presentado contra a sentencia recaída nelas e, conforme os artigos 976 e 795.4º da Lei de axuizamento criminal, déaselles traslado ás demais partes por prazo común de dez días. Quedan advertidos de que, trascorridos os cales, presentásense ou non escritos de impugnación ou adhesión, se elevarán os autos orixinais á Audiencia Provincial con tódolos escritos presentados.

Propóñoo e asínoo. Dou Fe.

Conforme: Collazo Lugo.

Para que lle sirva de notificación e traslado a Carlos Díaz Gallego, que se atopa en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino este edicto».

Santiago de Compostela, trinta e un de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

Secretario

Rubricado

985